As Xornadas de Folclore triunfan en Allariz e Maceda

Ourense, 11 de agosto de 2022.- Despois da gran afluencia de público en Bande, A Rúa, Carballiño e Celanova, o folclore e a música tradicional chegaron esta noite a Allariz e Maceda, onde tiveron lugar as actuacións dos participantes da XXXVII edición das Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia.

Ás 22,30 horas deron comezo, de forma simultánea, as actuacións das seis agrupacións. En Allariz tiveron lugar os espectáculos propostos polo Grupo Folclórico dos académicos Timorenses de Coimbra que representan a Timor Oriental; a compañía internacional de danza Paipa, de orixe colombiano; e o grupo de ballet folclórico do Instituto Tecnológico de Celaya, os cales acoden a estas xornadas dende México. Pola súa banda, en Maceda realizáronse as funcións da Compagnie Artistique Mien-Moh, procedente de Costa de Marfil, Liga Tari Mahasiswa “Kridabudaya”, de Indonesia, e o grupo de Ballet Folclórico Municipal de Rancagua, grupo de orixe chileno

En Allariz, os asistentes que enchían os espazos habilitados no Campo da Barreira puideron admirar o estilo musical de Timor, grazas ó grupo Folclórico dos Académicos Timorenses de Coimbra, así coma o da compañía internacional de Danza Paipa, que durante a súa actuación deu mostra da variedade e riqueza da folclore colombiano, mostrando diferentes estilos de bailes característicos deste país. Para finalizar as actuacións en Allariz, o Grupo de Ballet Folklórico do Instituto Tecnolóxico de Celaya propuxo dous estilos de baile completamente distintos: en primeiro lugar, realizaron un conxunto de bailes característicos do estado de Veracruz, para finalizar a súa participación en Allariz cun conxunto de bailes tradicionais de México, lucindo uns coloridos traxes que sorprenderon ós asistentes

Mentres tanto, en Maceda, o grupo de Indonesia abordou coas súas danzas temáticas vencelladas á guerra e o conflito. As tradicións africanas tamén estiveron presentes grazas ós bailes cerimoniais realizados pola Compagnie Mien – Moh e, finalmente, a veciñanza puido trasladarse os ritmos andinos e a Illa de Pascua grazas ó grupo de Ballet Folclórico Municipal de Rancagua.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

4 horas hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

5 horas hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 30 de abril de 2024

En las primeras horas del día en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

16 horas hace

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

1 día hace

La moda online en España tiene líderes claros: Shein, Zara y H&M

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

1 día hace

Esta web usa cookies.