A Deputación avanza na elaboración dos orzamentos anuais do 2023

Manuel Baltar remarca a importancia de traballar baixo as claves da “planificación e a anticipación” para aprobar os orzamentos no pleno ordinario do 30 de setembro

O proxecto económico do vindeiro ano estase a deseñar, explica o presidente da Deputación, “escoitando aos concellos, aos veciños e aos actores socioeconómicos fundamentais deste territorio, cos que temos contacto diario e dos que este goberno provincial é o seu principal aliado”

Ourense, 12 de agosto de 2022.- A Deputación avanza na confección dos orzamentos anuais do 2023, que serán aprobados no pleno ordinario do vindeiro 30 de setembro, voltando a converter a esta administración na primeira pública de España -en calquera ámbito territorial- en dar luz verde ao seu proxecto económico anual fundamental.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, enmarca esta “consolidada liña de actuación” dentro dunha visión política construída a través da “planificación e a previsibilidade”, e que outorga “seguridade e confianza aos concellos e veciños, porque o 1 de xaneiro de 2023 xa serán executables os plans e proxectos que deseñamos en favor de Ourense”. Nesta mesma liña, avanza que os orzamentos do 2023 están a ser perfilados polo equipo de goberno “escoitando aos concellos, aos veciños e aos actores socioeconómicos chaves na dinamización deste territorio, cos que temos contacto diario e dos que somos o seu principal aliado”.

Manuel Baltar pon o acento nas consecuencias que están tendo para os ourensáns, administracións públicas ou entidades sociais o contexto socioeconómico actual -marcado pola inflación e a crise enerxética-, que esixe “gobernos con músculo financeiro e con capacidade de anticipación para deseñar as respostas adecuadas, un comportamento demostrado pola Deputación de Ourense en momentos tan complicados como no peor da pandemia”. Por iso, anticipa, “os orzamentos do 2023 serán ambiciosos” e estarán marcados pola “cuestión social e a atención aos sectores económicos do territorio, ademais doutras das nosas liñas de traballo estratéxicas como o son o medio ambiente, a cultura, o termalismo ou a promoción do deporte”.

O presidente da Deputación tamén quere remarcar o “excelente traballo” de todo o equipo de goberno e dos técnicos da Deputación no ámbito da xestión económica, que con fitos como a consecución da débeda cero “axudaron, axudan e axudarán a seguir progresando na nosa actividade política e institucional -marcada por unha visión integral da provincia- e que se converte no motor de apoio máis decisivo para os concellos e entidades económicas, culturais e sociais da provincia de Ourense”.

Un horizonte impulsado, explica Manuel Baltar, a través da “diálogo, o traballo en rede e a cooperación, visibilizados a través de cuestións fundamentais como a nosa  capacidade para deseñar proxectos estratéxicos con atractivo para captar fondos comunitarios, como se pode comprobar a través dos recentes avances de plans como AcelerOU, para acompañar e colaborar na dixitalización de pemes, emprendedores e autónomos do rural”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…

8 horas hace

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

18 horas hace

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense habrá más nubes que claros con tormentas y lluvia.…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

2 días hace

Esta web usa cookies.