Inicio Destacado Os socialistas de Viana denuncian o escurantismo do equipo de goberno que...

Os socialistas de Viana denuncian o escurantismo do equipo de goberno que négase a cumprir coa celebración dos plenos ordinarios

O PSDEG-PSOE DE VIANA DO BOLO DENUNCIA QUE O EQUIPO DE GOBERNO INCUMPRE “FLAGRANTEMENTE” OS ACORDOS PARA A CELEBRACIÓN DOS PLENOS, NUN EXERCICIO “ESCURANTISTA”

Critican que o goberno municipal non respecte a celebración dos plenos cada dous meses, tal e como se acordou no seu momento, e afirman que “están furtando a labor fiscalizadora da oposición”

Os e as socialistas esixen a convocatoria dun pleno ordinario “a maior brevidade posible” e afirman que “hai que rematar cos plenos extraordinarios nos que a orde do día reflicte o que quere o alcalde”

Ourense, 29 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo denuncia que o goberno municipal do Partido Popular incumpre de xeito “sistemático” e “flagrante” os acordos plenarios acadados no seu momento e no que se contemplaba a celebración dos plenos ordinarios cada dous meses. Os e as socialistas denuncian que o equipo de goberno leva sen convocar as sesións plenarias dende o pasado mes de marzo e opta por plenos extraordinarios nos que tan só se trata a orde do día elaborada por eles mesmos, excluíndo calquera opción de debate de mocións presentadas polo resto de grupos.

Dende a Agrupación Socialista de Viana do Bolo critican este xeito de actuar “escurantista” e “manipulador” co que o goberno municipal trata de impedir a labor “fiscalizadora” dos grupos da oposición, xa que tal e como indican “non permiten presentar mocións, nin formular ningún tipo de pregunta”. Unha situación que para os socialistas pon de manifesto que o equipo de goberno “está a furtar á veciñanza o seu dereito a coñecer as diferentes propostas e iniciativas dos grupos da corporación municipal e tampouco o destino dos cartos das arcas municipais que se gastan en diferentes actuacións”.

Leer más:   Esiximos xustiza para as familias ourensás no acceso ás axudas escolares do Concello

Dende o PSOE vianés esixen a convocatoria dos plenos ordinarios, tal e como recolle a Lei de Réxime Local, e que nos mesmos se sometan a aprobación as mocións presentadas e se dea resposta as preguntas formuladas no último pleno municipal. Os socialistas critican que o equipo de goberno “se escude en modificacións dos planteis e na ausencia da secretaria” e lembran que “xa non existe ningunha desculpa, pois xa hai substituto”, polo que non entenden que o equipo de goberno “volva a optar por un pleno extraordinario que se celebrará mañá 30 de agosto, en lugar de recuperar a normalidade democrática”.

Criticas ante a negativa a debater as mocións socialistas e a responder preguntas

Os e as socialistas critican que nos últimos meses foron varias as mocións que o equipo de goberno se negou a debater. Mocións como a creación dun aparcadoiro a carón da Praza Maior de “vital importancia” para o municipio e no que lembran que dende o PSdeG-PSOE “xa se fixeran as xestións pertinentes cos propietarios da finca do Jesusín, que amosaron a súa dispoñibilidade para chegar a un acordo de cesión, pero ata o momento non soubemos nada ao respecto”. Dende a Agrupación Socialista de Viana tamén lembran que se presentou unha moción para o arranxo da estrada de Edroso, pero segundo apuntan “non temos constancia de que se levara a cabo ningunha actuación ata o momento”.

Leer más:   Dos xeriátricos de hoxe aos fogares de mañá: cara a un futuro optimista

No relativo a preguntas, os e as socialistas tamén queren ter información sobre a construción dun centro de día, despois de que o pleno aprobase a moción do PSOE nestes termos e trala cesión por parte do Bispado dos terreos para que se levase a cabo. Indican que ata o de agora “nada se ten feito, nin se sabe cando comezarán as obras”. Situación similar acontece con outra moción aprobada sobre o gas radón e na que alertan que a “a pesar do perigo para a saúde e de que se acordou falar con outros concellos e analizar que empresas podían dedicarse a estudar esta problemática, nada se fixo, ou polo menos, non se informou de nada o resto de grupos políticos”.

Leer más:   A Deputación contribúe á dinamización sociocultural e á mellora de infraestruturas en Riós

Os e as socialistas tamén esixen coñecer o estado da moción na que pedían arranxar as casas esborralladas na rúa San Roque e que tamén foi aprobada en sesión plenaria, así como a situación na que se atopa o cumprimento da ordenanza para a prohibición de aparcar na Praza Maior e nas rúas adxacentes, xa que tal e como afirman “non se está respectando esta ordenanza”.

Ante esta situación dende o Grupo Municipal Socialista esixen a convocatoria dun pleno ordinario a “maior brevidade” posible co fin de debater estas cuestións e de que “non se silencie aos representantes da veciñanza, nin se agochen as iniciativas aprobadas nos plenos”, unha situación que os socialistas apuntan que “non é nova, pois xa o viña facendo o anterior equipo de goberno do BNG”. Os e as socialistas entenden que o debate de mocións “fai que o Concello aproveite ou modifique aspectos que son de proveito para o noso municipio” e critica que “silenciar e ignorar estas mocións é un proceso escurantista que nos vemos na obriga de denunciar”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO “Correndo por Ourense” regresa este domingo coa carreira da Universidade
Artículo siguienteA Deputación concede 300.000 euros en subvencións para cooperación con proxectos municipais e entidades
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.