Os e as socialistas de Pereiro instan á adhesión do Concello á Axenda 2030

O PSDEG-PSOE DE PEREIRO DE AGUIAR INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A ADHERIRSE Á REDE DE ENTIDADES LOCAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DOS ODS DA AXENDA 2030

Os e as socialistas piden que o goberno municipal traballe na aprobación dun plan de actuación, no que “se elabore unha análise da situación e un plan de localización e implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030”

Ana Belén Hermida pon o foco na necesidade de que, “paralelamente, se inicie un proceso de información e sensibilización para a participación de todos os axentes locais e organizacións cidadás”

Ourense, 8 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria na que insta ao pleno a aprobar a adhesión do Concello á rede de entidades locais para a Axenda 2030. Os e as socialistas piden que o goberno municipal traballe na aprobación dun plan de actuación ou estratexia local, no que “se elabore unha análise da situación e un plan de localización e implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030”.

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén avogan porque Pereiro de Aguiar asuma a declaración da Axenda 2030 aprobada no XII pleno da Federación Española de Municipios e Provincias e que se realicen os “trámites oportunos” para que a adhesión do Concello a rede de entidades locais para a Axenda 2030 sexa efectiva.

Os e as socialistas de Pereiro lembran que para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible “é fundamental a adhesión do noso Concello á rede de entidades locais para a Axenda 2030”. Neste senso, tamén subliñan que esta rede está formada por gobernos locais que “apostan pola localización e implantación dos ODS de forma transversal nas políticas públicas municipais” e fan fincapé en que a actividade “está dirixida a favorecer a coordinación e actuacións entre os gobernos locais, permitindo acadar mellores resultados na implantación da Axenda dos municipios, a través da localización e o desenvolvemento no ámbito local”.

A concelleira do PSdeG-PSOE en Pereiro de Aguiar, Ana Belén Hermida Dibuja, apunta a que a rede “é un instrumento que ofrece ferramentas aos gobernos locais para que acaden os seus obxectivos en relación coa Axenda 2030”. A edil socialista considera que coa adhesión a rede de entidades locais, Pereiro de Aguiar “comprométese a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse nun plan de actuación ou estratexia local, que inclúa unha análise da situación e o famoso plan de localización e implementación”.

Hermida Dibuja tamén pon o foco na necesidade de que, “paralelamente, se inicie un proceso de información e sensibilización para a participación de todos os axentes locais, económicos e as organizacións cidadás representadas na vida municipal e deste xeito se impliquen na implantación da Axenda 2030”. A concelleira socialista tamén lembra que “os concellos que participen na rede deberán asumir, mediante acordo plenario, a declaración en favor da Axenda 2030 aprobada pola FEMP no marco do seu XII pleno”.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible foi aprobada pola ONU no ano 2015 e conta con 17 ODS, que van desde a eliminación da pobreza, ata a loita contra o cambio climático, a educación, a igualdade das mulleres, a defensa do medio ambiente ou o deseño das cidades e aldeas”. Neste senso, a Comisión Europea adquiriu o compromiso de alcanzar os ODS para 2030 e situou o Pacto Verde no centro das súas iniciativas de recuperación, asumindo o devandito compromiso tamén o Goberno de España.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

10 horas hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

11 horas hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

11 horas hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

12 horas hace

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

17 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…

21 horas hace

Esta web usa cookies.