A estación de montaña de Manzaneda será este sábado a capital do ciclismo galego coa disputa da tirada raíña da Volta Ciclista a Galicia

A estación de montaña ourensá acolle o 17 de setembro a saída e chegada da terceira tirada da XX edición da Volta, que conta coa participación de 18 equipos

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación da etapa ourensá as “características dunha tirada que marcará diferencias” e valorou o “carácter estratéxico que ten o ciclismo para o goberno provincial dentro da ampliación e mellora do ecosistema deportivo de Ourense, que nos permite acoller probas do máis alto nivel”

Ourense, 13 de setembro de 2022.- A estación de montaña de Manzaneda acolle este sábado, 17 de setembro, a terceira etapa da XX edición da Volta Ciclista a Galicia, con principio e final no complexo de montaña e un trazado de 114 quilómetros por nove concellos do oriente ourensá.  Esta competición, que conta coa colaboración da Deputación, conta con 18 equipos e arranca este xoves en Poio, chegando a Ponteareas o domingo 18 de setembro.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación da etapa ourensá da Volta, acompañado polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Picos; e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Rosendo Fernández resaltou as “connotacións especiais da tirada raíña da Volta Ciclista, que marcará diferencias entre os favoritos da xeneral” e enmarcou esta cita dentro da “forte consolidación de Ourense no mundo do ciclismo”.

O vicepresidente primeiro da Deputación tamén destacou o “caracter estratéxico do ciclismo para a Deputación, unha aposta fundamental do goberno provincial dentro da ampliación e mellora do ecosistema deportivo de Ourense, que permite ao noso territorio acoller probas deportivas do máis alto nivel”.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, definiu a Volta Ciclista a Galicia como “unha das referencias estatais na categoría semi-profesional” e avanzou unha “edición moi especial, que resaltará a beleza natural de Galicia”, sinalando que a tirada de  Manzaneda será “unha etapa espectacular, cun acumulado de máis de 3.000 metros de desnivel”. Juan Carlos Muñiz tamén agradeceu na súa intervención a “aposta da Deputación  de Ourense polo ciclismo”.

Pola súa banda, o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Picos, destacou que o complexo “está perfectamente preparado para acoller unha etapa de primeiro nivel e invitou a todos a pasar o día no complexo de montaña e en toda a comarca.

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, valorou a importancia da “cooperación institucional, como motor que fai que estes proxectos vaian adiante” salientando “tanto o importante traballo da Federación Galega de Ciclismo como o realizado na estación de Manzaneda, que pon en valor un dos grandes potenciais que temos na provincia de Ourense”.

Recorrido por nove concellos do oriente ourensán

A terceira tirada da 20ª Volta Ciclista a Galicia disputarase o sábado 17 de setembro, con principio e final na estación de montaña de Manzaneda, a 1.484 metros de altitude e tras superar durante case 12 quilómetros un desnivel de preto do 7 %, trazado que converte a esta xornada na etapa raíña da carreira.

Ás 11,55 horas está prevista a saída neutralizada desde a estación, iniciándose a etapa real ás 12,30 horas. O trazado de competición ten unha distancia de 114,2 quilómetros que discorren por nove concellos do oriente da provincia -Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco, A Veiga, O Bolo e Manzaneda-, estando prevista a chegada de novo ao complexo de montaña en torno as 15,30 horas.

O trazado abarca dúas metas volantes, no Barco e na Veiga, a subida ao Alto da Portela -de segunda categoría-, a Soutipedre -segunda categoría- e a ascensión final á estación de montaña de Manzaneda -primeira categoría-.

 

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

1 hora hace

La moda online en España tiene líderes claros: Shein, Zara y H&M

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

2 horas hace

Prosegur registra un incremento del 32% en su beneficio neto consolidado, alcanzando los 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

3 horas hace

Más de la mitad de los encuestados españoles sienten que sus segundas propiedades están en mayor riesgo que en el año anterior

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

4 horas hace

¡El OurenseCF alcanza un logro histórico al subir a Primera Federación!

Un ascenso celebrado El Ourense CF ha marcado un hito al asegurar su lugar en…

7 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 29 de abril de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense se prevé escasa nubosidad. Según pasen las horas…

12 horas hace

Esta web usa cookies.