A Veiga convértese de novo, co apoio da Deputación, en referencia da divulgación científica coa 8ª edición das xornadas AstroTrevinca

O Centro Astronómico Trevinca acollerá do 23 ao 25 de setembro un amplo programa para afeccionados e profesionais que inclúe observacións, conferencias e mesas redondas a cargo de destacados expertos

Na presentación das actividades, o  vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, agradeceu a contribución desta iniciativa e mailo centro para situar “o noso territorio á vangarda de todo o que ten que ver coa investigación astronómica e co goce dun dos mellores ceos do mundo”

O alcalde, Juan Anta, afirmou que centro astronómico converteu o concello “en referente dun turismo sostible, diferente e desestacionalizado”, cada vez con maior demanda para participar en actividades: “Temos previsto para este inverno, coa colaboración da Deputación, a celebración de campamentos xuvenís”

Ourense, 13 de setembro de 2022.- O concello da Veiga converterase de novo en punto de referencia da divulgación científica coa celebración, do 23 ao 25 de setembro, da 8ª edición de AstroTrevinca. Unhas xornadas que, co apoio da Deputación, regresan ao Centro Astronómico Trevinca -logo de dous anos de ausencia pola pandemia- cun amplo programa de actividades para afeccionados e profesionais que inclúe observacións, conferencias e mesas redondas a cargo de destacados expertos.

A presentación destas xornadas celebrouse este mediodía no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director do centro astronómico, Óscar Blanco. O vicepresidente aplaudiu unha iniciativa “que ano tras ano congrega a un bo número de amantes da astronomía”, agradecendo ao rexedor e mailo director do centro a súa contribución para situar “o noso territorio á vangarda de todo o que ten que ver coa investigación astronómica e co goce dun dos mellores ceos do mundo”.

Juan Anta agradeceu á Deputación e á Xunta de Galicia que “confiaran desde o inicio no proxecto de creación na Veiga dunha potente estrutura para observar e investigar desde o mellor ceo do noroeste peninsular”. Un centro astronómico, engadiu, “que nos fixo referentes dun turismo sostible, diferente e desestacionalizado”, destacando a repercusión que esta a ter no concello. Nesta liña destacou que as actividades que realiza o centro estiveron completas durante os meses de xullo e agosto, cada vez con maior demanda de colexios e grupos, “tendo previsto para este inverno, coa colaboración da Deputación, a celebración de campamentos xuvenís”.

Exportar cara o resto do mundo “a calidade deste ceo”

“Desde as primeiras xornadas para afeccionados, agora gaña peso a presenza de profesionais”, dixo pola súa banda Óscar Blanco, lembrando que xa son dez anos de actividades aínda que só sexan oito as edicións por culpa da pandemia.

Para esta edición están programadas conferencias, sesións no planetario do centro astronómico, observacións nocturnas e diúrnas, visitas guiadas e mesas redondas. Contarán coa participación de destacados expertos que contarán os seus proxectos, citando entre eles ao físico e divulgador científico Jorge Mira; a astrofísica Minia Manteiga, catedrática da Universidade da Coruña; ou Ramón Iglesias, do Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón.

As xornadas, apuntou Blanco, rematarán cunha actividade na que os asistentes poderán coñecer a hospedaxe de telescopios situada ao carón do centro e propiedade de Trevinca Skies, onde persoas procedentes de Alemaña, Suecia, Lituania, Países Baixos, Bélxica e proximamente Estados Unidos teñen instalados os seus aparellos para o estudo astronómico, “o que supón un gran prestixio para A Veiga, para a provincia de Ourense e para Galicia, exportando cara o resto do mundo a calidade deste ceo”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

4 horas hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

5 horas hace

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

2 días hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

3 días hace

Esta web usa cookies.