Inicio Destacado Os socialistas de Leiro esíxenlle ó alcalde que deixe de vulnerar os...

Os socialistas de Leiro esíxenlle ó alcalde que deixe de vulnerar os principios da transparencia no consistorio

O PSDEG-PSOE DE LEIRO DENUNCIA QUE O ALCALDE DO PP VULNERA OS PRINCIPIOS DA LEI DE TRANSPARENCIA Ó NEGARSE A FACILITAR COPIAS DOS EXPEDIENTES DA FESTA DA VENDIMA E DA POPULAR

Os e as socialistas afirman que este xeito de actuar obedece, unha vez máis, a política “escurantista” do rexedor ao que acusan de “impedir” o acceso a documentación de carácter público ao PSdeG-PSOE

O voceiro do PSdeG, Manuel Rodríguez, esíxelle que “permita acceder á información completa e que garanta a recepción de dita información pública en formato electrónico ou papel, tal e como lle solicitamos”

Leiro, 29 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia que o alcalde do Partido Popular, Francisco José Fernández, vulnera os principios da Lei de Transparencia, acceso á información e bo goberno, ao negarse a facilitar copia do expediente e das facturas da Festa da Vendima e da Carreira Popular das edicións de 2021, celebradas no municipio. Os e as socialistas afirman que este xeito de actuar obedece, unha vez máis, a política “escurantista” do rexedor ao que acusan de “impedir” o acceso a documentación de carácter público.

Leer más:   El 28 de mayo, Escrivá manifestó su oposición a la propuesta de disminuir los impuestos y descartó como "incorrectas" tales declaraciones, cuestionando las intenciones del Partido Popular y acusándolos de actuar por razones poco claras

Dende o Grupo Municipal Socialistas critican a “falla total de transparencia” do alcalde e senador do PP ao que acusan de “impedir” a labor fiscalizadora da oposición, non facilitando copias das facturas dos eventos mencionados, así como de non permitir que se contemple e analice o expediente completo de ditas celebracións. Neste senso, os socialistas de Leiro consideran que o rexedor “está tratando de agochar algo, xa que nos deu acceso ao expediente, pero tan só puidemos ver facturas, sen ningún tipo máis de informe que acredite que ditas facturas pertencen a Festa da Vendima e a Carreira Popular”.

O PSOE de Leiro considera que o popular, Francisco José Fernández, “vulenra os principios de veracidade, responsabilidade, integridade, honestidade, imparcialidade e obxectividade, ademais de non respectar ao marco xurídico e a cidadanía ao non facilitar a información mencionada de forma veraz, correcta e seguindo o establecido pola Lei”. Ante a negativa do alcalde a facilitar a información, os socialistas veñen de presentar por rexistro unha petición na que insta a que se “facilite en papel a documentación correspondente aos expedientes da Festa da Vendima e a Carreira Popular de 2021”.

Leer más:   Os e as socialistas acusan ao PP de deixar a un veciño sen auga pública por mor dunha «cacicada» do alcalde

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, afirma que “estamos ante un novo caso, que volve a demostrar a mala planificación e a pésima organización e coordinación do alcalde na xestión municipal”. O edil socialista explica que dende o goberno municipal “solicitóuseme que debía comunicar con 3 días de antelación o día no que acudiría a examinar os documentos, pero a miña sorpresa é que cando acudo no día de hoxe, atópome con que están incompletos”.

Rodríguez Vázquez fain fincapé en que o alcalde “omite que a lexislación vixente contempla o dereito de acceso a información pública do voceiro socialista”, motivo polo que lle esixe ao rexedor que “me permita acceder á información completa e que garanta a recepción de dita información pública en formato electrónico ou papel, tal e como lle solicitamos”. O voceiro do PSdeG-PSOE considera que “estamos ante un novo capítulo de abuso de autoridade do alcalde, co único fin de ocultar as posibles irregularidades cometidas na xestión a Festa da Vendima e da Carreira Popular”. Unha situación que se repite, xa que tal e como explica o concelleiro socialista “pasou o mesmo cas obras do campo de fútbol, que están pendentes de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e tamén coa xestión da Mancomunidade do Ribeiro, da que é presidente e na que as contas serán fiscalizadas polo Consello de Contas de Galicia”.

Leer más:   O PSOE de Pereiro solicita ao Concello a «mellora real» da estrada entre A Derrasa e Santa Marta

O PSdeG-PSOE de Leiro afirma que tomarán “todas as medidas legais oportunas” para que o alcalde cumpra coa Lei e entregue a documentación completa. Neste senso, lémbranlle que con data 10/12/2013 publicouse no BOE e con data 15/02/2016 no D.O.G as leis 19/2013 e 1 /2016, relativas ambas á Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno das que segundo afirman “como cargo público debe ser coñecedor”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs socialistas de Viana denuncian que o alcalde incumpre co acordado para a celebración dos plenos ordinarios
Artículo siguienteA deputada Luz Doporto asistiu esta mañá á inauguración da etapa ourensá das Marchas Ciclistas Unificadas “Special Olympics Galicia”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.