Inicio Destacado Manuel Baltar ratifica a colaboración da Deputación coa Fundación Carlos Velo para...

Manuel Baltar ratifica a colaboración da Deputación coa Fundación Carlos Velo para a promoción de Ourense no mundo audiovisual

O presidente provincial e a presidenta da entidade, Carmen Leyte, mantiveron un encontro para facer balance da incorporación da Deputación en 2020 ao padroado, ademais de repasar os proxectos nos que están a traballar conxuntamente

A Deputación seguirá a colaborar no funcionamento da fundación, ademais de contribuír á recuperación da casa de Carlos Velo en Cartelle como sede da entidade, e sobre todo seguir apostando por unha aliada na organización do Festival de Cine de Ourense “desde o coñecemento, a traxectoria e o compromiso co cinema como arte”, destacou Baltar

Ourense, 10 de abril de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de ratificar a colaboración que a institución provincial mantén coa Fundación Carlos Velo para a promoción de Ourense no mundo audiovisual, “traballando decididamente cunha entidade pioneira en Galicia e homenaxeando a verdadeiro visionario deste sector non só en territorio galego, senón a nivel nacional e internacional”. Así llo trasladou Manuel Baltar á presidenta da fundación, Carmen Leyte, coa que mantivo un encontro para facer balance da incorporación da Deputación en 2020 ao padroado da fundación, ademais de repasar os proxectos nos que están a traballar conxuntamente.

Leer más:   Sorteada a fase final da Copa de Su Majestad la Reina de Fútbol Sala, que se disputará en Ourense

O presidente provincial puxo en valor unha alianza tecida desde o Festival de Cine de Ourense, organizado pola Deputación coa encomenda de xestión á fundación, “compañeira de andaina de promoción para situar á provincia como plató de producións audiovisuais”. Unha colaboración que dá un paso máis coa incorporación da entidade á recentemente constituída Ourense Film Commission, unha iniciatva “que que moita máis visibilidade a Ourense nos ámbitos do cinema e na cultura, pero que tamén terá a súa repercusión nos sectores económico e turístico”.

Manuel Baltar informou a Carmen Leyte que a Deputación seguirá a colaborar no funcionamento da fundación, ademais de contribuír á recuperación da casa de Carlos Velo en Cartelle como sede da entidade, e sobre todo seguir apostando por unha aliada na organización do Festival de Cine de Ourense “desde o coñecemento, a traxectoria e o compromiso co cinema como arte”.

Leer más:   Lista provisional de admitidos e excluídos – Bolsas a deportistas

Baltar expresou o seu “recoñecemento e admiración” polo traballo que está a desenvolver Carmen Leyte e a directiva da fundación para manter viva a memoria de Carlos Velo (Cartelle, 1909-México, D.F., 1988), un ourensán que deixou o exercicio da bioloxía polo cine, figura clave desta arte en México onde se exiliou como consecuencia da Guerra Civil, e autor de preto de corenta curtametraxes, documentais e longametraxes.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDos personas afectadas por inhalación de humo a causa de un incendio en una vivienda de A Mezquita (Ourense)
Artículo siguienteLa Diputación de Ourense y la Fundación Carlos Velo ratifican su colaboración en la promoción de la provincia en el cine
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.