Inicio Destacado César Fernández invita aos enólogos que participan en VinEspaña “a ser embaixadores...

César Fernández invita aos enólogos que participan en VinEspaña “a ser embaixadores dun dos nosos recursos máis sobresaíntes”

Inauguracion de VinEspana web

O vicepresidente segundo da Deputación subliñou que o goberno provincial non podía faltar a este certame, “pois non dubidámos que actividades deste tipo nos permiten posicionar e dar a coñecer Ourense e a súa provincia en toda España”

No balneario de Laias, medio cento de profesionais participan ata o sábado no cuarto concurso organizado pola Federación Española de Asociacións de Enoloxía, onde se premiarán aos mellores viños en dez categorías

Ourense, 28 de abril de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na inauguración da cuarta edición do concurso VinEspaña, no que medio cento de enólogos nacionais e internacionais avaliarán desde hoxe e ata o sábado os viños das adegas que opten aos premios establecidos en dez categorías. No balneario de Laias, onde se celebra o concurso, César Fernández puxo en valor unha provincia “que se caracteriza por posuír un rico e variado potencial”, invitando aos participantes “a ser embaixadores e prescriptores dun dos nosos sobresaíntes recursos”, en referencia ao viño. Na presentación do acto, César Fernández estivo acompañado polo presidente da Federación Española de Asociaciones de Enólogos, Luis Buitrón; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén e o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez.

Leer más:   A película "La Manzana de Oro", patrocinada pola Deputación, competirá pola Espiga de Oro da Seminci

A pouco que se profunde neste patrimonio, engadiu o vicepresidente segundo da Deputación, “coñeceredes o viño como o elemento que nos fala sobre a terra na que se cultiva, o clima da zona, o traballo e maila relación das persoas co campo”. Unha valiosa fonte de información “que ninguén mellor que vós pode trasladar”.

A Deputación de Ourense non podía faltar nesta iniciativa “desde o primeiro momento no que se formulou esta colaboración”, dixo Fernández, pois o goberno provincial non dubida que actividades deste tipo “nos permiten posicionar e dar a coñecer Ourense e a súa provincia en toda España”. Nesta liña, invitou aos enólogos a visitar a Feira do Viño do Ribeiro, que tamén se celebra esta fin de semana, así como tamén a vila de Ribadavia e a comarca.

Leer más:   A Deputación lidera as candidaturas dos xeodestinos Celanova-Xurés e Trevinca-Valdeorras para transformarse en Destinos Turísticos Intelixentes

A Federación Española de Asociacións de Enoloxía, organizadora de VinEspaña, elixiu Ourense como escenario da cuarta edición do concurso polo feito de que a provincia posúa catro das cinco denominacións de orixe de Galicia. Ao mesmo tempo, un dos obxectivos deste ano foi compaxinar viño e termalismo, de aí a elección do balneario de Laias, no corazón do Ribeiro, para celebrar un certame que inclúe una reunión do Comex, a xunta directiva da Unión Internacional de Enólogos, organismo que representa a profesionais de 16 países de tres continentes.

Calidade do produto e traballo dos enólogos

O concurso premiará aos mellores viños en dez categorías: espumosos, de agulla, brancos, rosados e tintos tranquilos, viños de uvas sobremaduras, uvas pasificadas, de licor, ecolóxicos e de variedades minoritarias, outorgándose os premios tanto á calidade do produto como ao traballo dos enólogos que o elaboran. O xurado está constituído por un panel de cata de expertos entre os que figuran enólogos de relevancia, xornalistas especializados e outros profesionais cualificados da cadea do viño.

Leer más:   Ourense se convierte una vez más, con el patrocinio de la Diputación, en protagonista de cine con el rodaje de la película "Nueva Tierra"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDetenidos dos jóvenes por homicidio en grado de tentativa tras apuñalar a otro durante una pelea en Ourense
Artículo siguienteCartelle organiza co apoio da Deputación o II Maratón de Fútbol Sala Feminino
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.