Inicio Destacado As Noites Teatrais regresan ao auditorio de Vilamarín do 11 ao 15...

As Noites Teatrais regresan ao auditorio de Vilamarín do 11 ao 15 de xullo coa posta en escena de cinco espectáculos

Durante a presentación no Pazo Provincial da 33ª edición deste ciclo, a deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres, cualificou esta actividade como un auténtico compromiso “por achegar a cultura ao rural”

O alcalde, Amador Vázquez, agradeceu o apoio da Deputación para unha edición “moi esperada, porque a xente necesítao, deséxao e meréceo”

A xefa territorial de Cultura, Sandra Quintas, cualificou esta actividade como “exemplo da colaboración entre administracións públicas para manter vivos proxectos que dinamizan as nosas vilas”

Desde o luns e ata o venres da próxima semana, a partir das 21.30 horas, o público poderá asistir ás propostas teatrais de cinco compañías galegas

Ourense, 8 de xullo de 2022.- O auditorio  municipal de Vilamarín acollerá do 11 ao 15 de xullo a XXXIII edición das Noites Teatrais, que regresan a escena logo de dous anos de ausencia como consecuencia da pandemia, cunha programación que inclúe cinco espectáculos a cargo doutras tantas compañías galegas. A presentación deste ciclo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa participación da deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres; o alcalde e maila concelleira de Cultura de Vilamarín, Amador Vázquez e Marina Rodríguez; e a xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense, Sandra Quintas.

Leer más:   Surrealismo en Ourense: interceptan a un menor conduciendo borracho con su padre en el vehículo, también en estado de embriaguez

Patricia Torres expresou os seus parabéns ao alcalde e maila concelleira “por ser quen de manter no tempo esta actividade teatral, conseguido que a veciñanza do concello, pero tamén da contorna e doutros puntos da provincia, teñan marcadas estas datas no calendario”. Un auténtico compromiso, engadiu, “por achegar a cultura ao rural”.

“Esta é unha edición moi esperada”, dixo Amador Vázquez, “porque a xente necesítao, deséxao e meréceo”. O alcalde recoñeceu o traballo de cantas persoas participan na organización deste ciclo, citando especialmente a Mariluz Villar “como pioneira nos comezos”, e á tenente alcalde “pola elección dos espectáculos para dar na diana do que a xente quere”. Vázquez tamén tivo palabras de agradecemento para a Deputación de Ourense polo continuo apoio, así como á Xunta de Galicia.

Leer más:   O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibe a Medalla de Ouro da provincia pola súa defensa do galego e da cultura galega

Sandra Quintas cualificou este ciclo como “unha cita obrigada para os amantes das artes escénicas e da axenda cultural na provincia”. Un exemplo, engadiu, “do resultado da colaboración entre as administracións públicas para manter vivos proxectos como este, que contribúen á dinamización das nosas vilas”.

Marina Rodríguez presentou unha programación “na que sempre tratamos de incluír ás compañías máis punteiras de Galicia”. Desde o luns e ata o venres da próxima semana e cun cambio no horario tradicional -agora a partir das 21.30 horas- o público poderá asistir a cinco espectáculos. O primeiro, o día 11, co grupo de teatro de Vilamarín exercendo como anfitrión, que baixo a dirección de Eva Tato e Galicia Gutiérrez porá en escena a obra titulada As cuñadas.

Leer más:   Ourense Termal inicia el período de adhesiones al Sistema Integral de Calidad Turística

O martes 12 representarase O porco de pé, de Producións Excéntricas coa dirección de Quico Cadaval. O día 13, mércores, será a quenda do grupo Talía que volve a Vilamarín con todo un clásico: Morte accidental dun anarquista, dirixida por Cándido Pazó. A compañía estradense Malasombra Producións porá en escena Sós, de José Prieto e Xoque Carbajal. O peche desta edición, o venres 15, correrá a cargo do grupo Ibuprofeno con Smoke on de water, de Santiago Cortegoso, considerado como un dos mellores espectáculos creados no presente ano.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación avanza no proxecto de crear un ecosistema de produción sostible con base na vella estación de Paderne e fincas de Sandiás
Artículo siguienteEl TSXG desestima el recurso de un auxiliar político del Ayuntamiento de Ourense contra su cese
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.