Inicio Destacado A Deputación aproba 1 millón de euros en subvencións para a execución...

A Deputación aproba 1 millón de euros en subvencións para a execución de obras en concellos e colaboración con entidades

Ourense, 11 de xullo de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 1 millón de euros en subvencións para a execución de proxectos de infraestruturas, abastecemento e saneamento, urbanización de rúas ou eficiencia enerxética en trece concellos, ademais de axudas paras gastos de funcionamento de entidades culturais e deportivas.

A contía máis importante no capítulo de cooperación coas entidades locais refírese ao Concello de Monterrei, que recibirá preto de 215.000 euros en concepto de anticipo polas obras de reparación dos danos ocasionados en diversos puntos do municipio como consecuencia das riadas acaecidas en decembro de 2019. A relación de subvencións a concellos continua con case 15.000 euros para o soterrado de cables en Pazos de Arenteiro (Boborás); preto de 27.000 euros para O Bolo con destino á mellora da estrada que vai ao alto de Cortiñas e o municipio da Veiga; ademais doutras dúas achegas por valor de 48.000 euros cada unha delas para a mellora de vías en Cartelle e Castrelo de Miño.

Leer más:   A Deputación colabora coa 5ª edición da andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación Diabética Auria

Castrelo do Val recibirá dúas axudas por un importe total de 70.000 euros para a pavimentación de rúas; Maceda tamén contará con dúas subvencións, ambas de 48.000 euros, para mellora de beirarrúas e canalización de augas; e Leiro disporá de 32.000 euros para unha obra de acceso a persoas con mobilidade reducida. Aprobáronse ademais catro axudas para o Concello de Oímbra, todas en torno aos 48.000 euros, para mellora de estradas, pavimentación de rúas e obras na contorna da praza do Concello.

A Xunta de Goberno acordou tamén conceder 20.000 euros a Paderne de Allariz para a reforma da pista polideportiva; 120.000 a Pereiro de Aguiar para un proxecto de eficiencia enerxética; 48.000 a Sandiás para urbanización de rúas; 45.000 a Vilamarín para obras de accesibilidade e seguridade no parque empresarial; e 42.000 euros para unha pasarela peonil en Vilamartín de Valdeorras.

Leer más:   Manuel Baltar, reeligido por unanimidad presidente de la Asociación Europea de Ciudades Históricas Termales

Polo que respecta a colaboración con entidades, o Ourense Club Fútbol SAD recibirá 22.500 euros para gastos de funcionamento, idéntica finalidade que os 5.000 euros aprobados para a Asociación Cultural da Castaña.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 11 de julio de 2022
Artículo siguienteUn matrimonio acepta 2 años de cárcel y 674.000 euros de multa por estafa a Xunta, Diputación y Ayuntamiento de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.