Inicio Destacado A Deputación colabora coa celebración da XVI edición da Fiesta Mexicana de...

A Deputación colabora coa celebración da XVI edición da Fiesta Mexicana de Avión

Na presentación, o vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, definiu a este evento como “a mellor festa mexicana que se celebra en España” e valorou esta “merecida homenaxe aos nosos emigrantes, que tanto fixeron pola nosa terra”

A Fiesta Mexicana de Avión arrancará ás 18,30 horas do venres 12 de agosto, cunha programación que inclúe a oferta gastronómica de catro restaurantes mexicanos, dúas bandas de mariachis ou actividades infantís

Ourense, 27 de xullo de 2022.- Avión volverá a converterse o venres 12 de agosto na sede da  súa Fiesta Mexicana, “a mellor festa mexicana que se celebra en España”, en palabras do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, que participou esta mañá no Pazo Provincial na presentación da XVI edición da festa xunto ao alcalde deste municipio, Antonio Montero, a organizadora, Isabel Gabián, e Marcelo Quintana e Jesús Carrillo, representantes -respectivamente- dos restaurantes mexicanos Rincón Azteca do Carballiño e El Mexicano Taco Bar (A Coruña), colaboradores xunto ao Chilam Balam (Vigo) e o Mesón Mexicano (Tourón – Pontecaldelas).

Leer más:   A gratuidade de todos os trens Avant e media distancia de Ourense xa é unha realidade grazas ao PSOE

Na súa intervención, Rosendo Fernández resaltou o nivel da programación da Fiesta Mexicana de Avión, organizada como cada ano polo Concello de Avión en colaboración coa Deputación. O vicepresidente primeiro situou a gastronomía como “un factor diferencial desta festa” e valorou esta “merecida homenaxe aos emigrantes, que tanto fixeron pola nosa terra”. Un punto que tamén remarcou na súa intervención o alcalde de Avión, Antonio Montero.

Pola súa banda, Isabel Gabián sinalou que esta xa é unha festa de referencia en Galicia: “Será unha ‘tardeada mexicana’, con actividades infantís e que ademais contará con dúas agrupacións de mariachis, de sete e oito compoñentes, para traer a mellor música mexicana a Avión”. Tamén destacou a variedade da gastronomía que ofertarán os catro restaurantes colaboradores. Nesta liña, Marcelo Quintana e Jesús Carrillo, como representantes de dous deles, convidaron á asistencia a un evento que arrancará ás 18,30 horas do 12 de agosto na Praza da Igrexa.

Leer más:   César Fernández participou en Vilamartín de Valdeorras na inauguración da mostra "Compromiso na distancia", adicada a Delgado Gurriarán

A organizadora do evento repasou os detalles dunha programación que converte a esta festa “nunha referencia absoluta en España. Non hai unha mellor festa de exaltación da cultura mexicana en España que esta”. Gabián tamén resaltou a colaboración dos “nosos maiores, do centro Alvetus, que puxeron o seu gran de area nesta festa axudando a confeccionar as piñatas mexicanas” coas que se divertirán os asistentes a festa. 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO escritor e editor Francisco Castro gaña o XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra Xoán, Xoana
Artículo siguienteEl alcalde de Ourense asume las competencias de los ediles del PP antes de una remodelación “en próximos días”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.