Inicio Destacado Unha colorida cerimonia de apertura no Teatro Principal arranca a XXXVII edición...

Unha colorida cerimonia de apertura no Teatro Principal arranca a XXXVII edición das Xornadas de Folclore

 

O acto inaugural das Xornadas, organizadas pola Deputación e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, deu a benvida aos douscentos participantes procedentes de Chile, Angola, Colombia, México, Costa de Marfil e Indonesia

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou no acto de benvida saudando aos representantes de cada formación e recoñecendo o traballo do equipo organizador das Xornadas de Folclore

Ourense, 08 de agosto de 2022.- Tras dous anos de espera, o Teatro Principal de Ourense volveu acoller o acto inaugural das Xornadas de Folclore, un festival que percorre toda a provincia de Ourense entre os días entre o 8 e o 17 de agosto. Este evento, organizado pola Deputación e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e que conta co apoio da Xunta de Galicia, chega este ano a súa XXXVII edición, contando coa participación de 200 participantes -entre artistas e equipo técnico- procedentes de seis países diferentes, convertendo a Ourense nun epicentro da música e o baile tradicional de todo o mundo.

Nesta liña, o acto que deu apertura ás Xornadas de Folclore comezou ás 20,30 horas co desfile de bandeiras, no cal representantes de cada grupo portaron a bandeira do seu país polo corredor central do teatro, sendo mostradas neste ano as bandeiras de Chile -co grupo de Ballet Folclórico Municipal de Rancagua-;  Angola -co grupo Ballet Himalaya-; Colombia -a Compañía Internacional de Danza Paipa-; Costa de Marfil -a Compagnie Artistique Mien-Moh-; Indonesia -coa formación Liga Tari Mahasiswa Kridabudaya-; e México, co Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya.

Leer más:   Muíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, deu no Teatro Principal a benvida institucional a unha representación dos participantes, acompañado polo director artístico das xornadas, Xulio Fernández. César Fernández saudou aos artistas, remarcando a “expectación e o cariño que amosan os ourensáns en cada unha das actuacións”, e recoñeceu o traballo de todo o equipo organizador para construír, “un ano máis, e xa van 37 edicións, un dos eventos culturais de toda a provincia de Ourense, e que ademais e, sen dúbida, unha interesante forma de compartir culturas”.

A continuación, proxectouse o documental “Ourense: arte, cultura e tradicións populares”, elaborado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e actuou a escola de danza Castro Floxo. Un programa deseñado, explica o director artístico das Xornadas de Folclore, Xulio Fernández, para recibir os participantes e “mostrar unha parte da nosa cultura, tradición e arte nun espectáculo concentrado”.

Unhas xornadas que percorrerán a  provincia de Ourense

Os seis grupos folclóricos percorreran durante os vindeiros días a capital e vilas da provincia, achegando os bailes e músicas tradicionais dos seus países de orixe aos ourensáns. Mañá, martes 9 de agosto, os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile estarán en Bande, onde ás 20.30 horas realizarán unha actuación folclórica. Pola súa banda, o resto de grupos visitarán A Rúa, onde mostrarán a música tradicional do seus países as 20.30 no parque do Aguillón.

Leer más:   ¡MÁS DE 10 EUROS DEL LITRO! Este es el precio del aceite de oliva que pagarán los orensanos en 2024

Celanova recibirá ó día seguinte, mércores 10, ós grupos de Angola, Colombia e México, que actuarán as  20,30 horas no claustro do mosteiro. Dúas horas despois, os artistas de Costa de Marfil, Indonesia e Chile sairán ó escenario na localidade do Carballiño.

O xoves será quenda en Allariz para os grupos procedentes de Costa de Marfil, Indonesia e Chile -estarán dende as 22,30 horas no Campo da Barreira-; mentres que Maceda acollerá ás compañías de Angola, Colombia e México, dende as 22,30 horas no patio do colexio.

Xa na xornada do venres, os grupos Compagnie Artistique Mien-Moh, Liga Tari Mahasiswa Kridabudaya e o grupo de Ballet Folclórico Municipal de Rancagua mostrarán as súas tradicións musicais no patio do colexio de Manzaneda, ás 22.30 horas. E a Compañía Internacional de Danza Paipa, o Ballet Himalaya  e o Ballet Folklórico Instituto Tecnológico de Celaya realizarán o propio á mesma hora na Praza do Prado, en Castro Caldelas.

Viana e Entrimo recibirán o sábado 13 os artistas: na primeira localidade, estarán os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile -22,30 horas, na Praza Maior-, e na segunda actuarán Angola Colombia e México -20,30 horas, Alameda-.

Leer más:   Manuel Baltar reivindica en el encuentro "Cafés de Europa" potenciar el termalismo como "motor de desarrollo" de las regiones rurales

Na xornada do domingo, Xinzo acollerá un desfile dos grupos procedentes de Costa de Marfil, Indonesia e Chile, que partirá ás 20,00 horas dende a rúa Toural ata a praza de Carlos Casares, onde as 20,30 horas terá lugar o festival folclórico. Durante este día, Trives tamén poderá gozar deste evento, xa que ás 22,30 horas, no patio do colexio de Santa Leonor, terá lugar a actuación dos artistas de Angola, Colombia e México.

O día 15 de agosto, ás 22.30 horas, en Verín e O Barco terán lugar as actuacións folclóricas dos grupos participantes neste festival. Para o martes 16 de agosto, o protagonismo recaerá de novo na capital provincial, onde todos os grupos participantes percorrerán dende as 22,30 horas o núcleo histórico da cidade, partindo dende o parque de San Lázaro e rematando na Praza Maior, cunha actuación conxunta a partir das 23,00 horas.

E como fin de festa, o mércores 17, no auditorio do Castelo de Ribadavia, todos os grupos darán peche ao festival cunha actuación que porá, dende as 23,00 horas, punto e final ás XXXVII Xornadas de Folclore.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn restaurante de Castrelo de Miño (Ourense) echa a una familia por comentarios xenófobos de un cliente a un trabajador
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 9 de agosto de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.