Inicio Destacado A Deputación acomete melloras no paseo fluvial de O Corgo, en Muíños

A Deputación acomete melloras no paseo fluvial de O Corgo, en Muíños

Ourense, 17 de agosto de 2022.- A Deputación de Ourense ven de mellorar a accesibilidade do paseo fluvial de O Corgo, en Muíños, dentro dun proxecto a través do que se reforzou a conservación da soleira existente nesta zona do complexo turístico-deportivo.

Os traballos acometidos incluíron, ademais da mellora das zonas degradadas, a colocación de céspede de baixo mantemento para resolver os problemas de seguridade e accesibilidade detectados. Con isto, o complexo de O Corgo mellora un espazo habilitado para o uso dos visitantes e realza esta área como destino turístico.

Ademais, esta actuación serve de apoio para outras intervencións enfocadas cara o ocio e o tempo libre, co obxectivo da potenciación deste destino dende a perspectiva do deporte e a aventura, nas cales se deseñan e habilitan unha serie de espazos que dinamizarán esta área de actuación.

Leer más:   Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense na xornada de patrimonio monumental organizada por Partenalia

A iniciativa está enmarcada no proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDenunciamos o malgasto de miles de euros da Deputación en toallas co logo da ourensanía
Artículo siguienteA Deputación colabora coa XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.