Inicio Destacado A película “O home e o can”, patrocinada pola Deputación, estrearase na...

A película “O home e o can”, patrocinada pola Deputación, estrearase na XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense

Manuel Baltar asistiu esta mañá no Teatro Principal á proxección dun avance do filme dirixido por Ángel de la Cruz e protagonizado por Manuel Manquiña

O presidente da Deputación expresa a súa satisfacción por ver a Ourense como “un protagonista máis” da longametraxe. Este ano, afirma, “é un exemplo da captación de rodaxes no noso territorio, nunha andaina ilusionante como é promocionar a provincia”

O director confesouse “encantado pola acollida que tivemos entre os veciños dos lugares onde rodamos”, ao tempo que agradece a colaboración da Deputación

Ourense, 24 de agosto de 2022.- A película “O home e o can”, patrocinada pola Deputación, estrearase na XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense dentro da sección oficial. “Unha produción que nos permite seguir dando pasos importantes nesa aposta por converter a provincia nun gran plató para producións audiovisuais”, resaltou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, despois de asistir esta mañá no Teatro Principal á proxección dun avance do filme dirixido polo cineasta Ángel de la Cruz e protagonizado por Manuel Manquiña.

Leer más:   A Deputación patrocina o Torneo Clasificatorio para o Campionato de Europa de Seleccións Masculinas de Hockey Herba

Manuel Baltar estivo acompañado na proxección por parte do equipo técnico e artístico do filme, entre eles as actrices Estíbaliz Veiga e Paula Chaves e o compositor da banda sonora, o ourensán Jaime Fernández. O presidente do goberno provincial expresou a súa satisfacción por ver a Ourense como “un protagonista máis” da película, ao tempo que subliñou o traballo que se está a facer desde a Deputación para consolidar un espazo de cinema “co festival de Galicia e o máis importante do noroeste da península”. Baltar puxo ademais este ano como “exemplo da captación de rodaxes no noso territorio, nunha andaina ilusionante como é promocionar a provincia”.

Ángel de la Cruz, que está a realizar os últimos retoques á cinta antes da súa estrea no OUFF -que arranca o 23 de setembro-, tamén quixo destacar o papel que Ourense xoga na película, pois “as propias localizacións son parte protagonista da historia”. O director afirmou estar “encantado pola acollida que tivemos entre os veciños dos lugares onde rodamos”, ao tempo que agradeceu o apoio das institucións, comezando pola Deputación de Ourense.

Leer más:   Celebra por todo lo alto el Día Mundial del Teatro en Verín

Unha película rodada integramente en Ourense

“O home e o can” foi rodada integramente na provincia de Ourense, en localizacións de San Cristovo de Cea, Ourense e San Cibrao das Viñas. A película é unha homenaxe ao neorrealismo -gravouse en branco e negro-, con forma dun drama arredor da soidade dos maiores e a crise demográfica do rural.

A súa gravación coincidiu en Ourense con outros catro proxectos audiovisuais -as películas “La manzana de oro”, “13 exorcismos” e “Honeymoon”, ademais da serie “Motel Valkirias”-, nun ano na que tamén se rodaron, este mesmo verán, producións como “Amigos hasta la muerte” e “El tirabeque”.

A aposta da Deputación por transformar a Ourense nun gran plató de audiovisual

Leer más:   O presidente da Deputación visitou as librarías situadas na rúa do Paseo polo Día do Libro

“O home e o can” é un dos froitos da Deputación dentro da súa aposta polo sector audiovisual, con fitos como o rescate do Festival de Cine Internacional de Ourense, a alianza coa Academia Galega do Audiovisual -que celebrará os Mestre Mateo do 2023 en Ourense- ou a creación da Ourense Film Commission, unha ferramenta deseñada para mellorar a viabilidade das producións rodadas na provincia mentres se afonda no retorno socioeconómico ao territorio.

Este novo órgano de xestión creado pola Deputación para seguir avanzando no traballo de situar á provincia como un dos mellores destinos de rodaxes -coordinando e atraendo ao territorio todas as producións posibles- será presentado de xeito oficial ao sector audiovisual na próxima edición do OUFF, que se celebrará do 23 de setembro ao 1 de outubro e que este mesmo luns presentou a cartalería oficial, cunha imaxe central obra da artista visual Isabell Seidel.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial coa alcaldesa de Porqueira
Artículo siguienteEsiximos que o Concello de Ourense tome medidas fronte ás picadas contra as mulleres
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.