Inicio Destacado Manuel Baltar define a Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022, “como un referente...

Manuel Baltar define a Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022, “como un referente pola súa traxectoria profesional e polo compromiso coas súas raíces”

O presidente da Deputación recibiu no Pazo Provincial ao fotógrafo de A Merca, remarcando que esta distinción é “un exercicio de obrigado recoñecemento cun ourensán universal”

Manuel Outumuro agradeceu o Ourensanía 2022, “un premio que me fai especial ilusión procedendo das miñas orixes, da miña terra”

Ourense, 31 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro no Pazo Provincial co fotógrafo Manuel Outumuro, que o próximo 11 de novembro recibirá o Premio Ourensanía 2022 por unha traxectoria profesional de primeiro nivel a nivel nacional e internacional.

Despois da reunión, Manuel Baltar remarcou o “pracer e a emoción de poder estar hoxe con Manuel Outumuro despois de coñecer o acordo unánime do xurado” e sinalou que esta distinción é “un exercicio de obrigado recoñecemento para cun ourensán universal, un exemplo do mérito profesional como o demostran os seus centenares de traballos e os seus numerosos premios e galardóns, como o Lucie Award que recollerá en outubro nunha cerimonia en Nova York”.

Leer más:   El sector de la construcción en Galicia en aúge

O presidente da Deputación afondou nos méritos dun fotógrafo “que é, sen dúbida, un referente, tanto pola súa traxectoria como polo seu firme compromiso coas súas raíces en Ourense, en concreto, no concello de A  Merca”. Manuel Baltar remarcou o orgullo de “ter entre nós a un dos nosos, coa súa relevancia internacional, que visita regularmente a nosa terra rendendo homenaxe á provincia que o viu nacer”.

Manuel Outumuro, que estivo acompañado na reunión desta mañá pola xornalista Maribel Outeiriño, agradeceu esta distinción, “un inmenso orgullo que me fai especial ilusión vendo das miñas orixes, da miña terra”. O fotógrafo de A Merca avanzou a súa emoción polo acto que se desenvolverá o 11 de novembro no Teatro Principal, e no que recibirá a escultura de Xosé Cid que lle acredita como gañador do Premio Ourensanía 2022.

Leer más:   Baltar defende o papel dos gobernos provinciais como “os grandes vertebradores do territorio, que contrarrestan o centralismo e fan fronte aos desafíos do século XXI”

Unha figura clave na cultura española contemporánea

O xurado do Premio Ourensanía 2022, reunido o 26 de agosto no mosteiro de Oseira baixo a presidencia de Manuel Baltar, acordou por unanimidade conceder este galardón ao fotógrafo Manuel Outumuro (A Merca, 1949), un dos fotógrafos españois máis importantes das últimas décadas.

Formado como deseñador gráfico na Escuela Massana, foi director de arte, deseñador gráfico ou ilustrador antes de comezar en 1990 a súa traxectoria como fotógrafo profesional. Hoxe, debullar hoxe a biografía dun home autodefinido como “artesán que realiza fotografías por encargo” é observar a evolución da cultura visual española, especialmente a moda e o cine. Especializado nos retratos, polo obxectivo de Outumuro teñen pasando centos de emblemas da contemporaneidade -directores, actores, modelos, escritores, deportistas…- para traballos en xornais, revistas de moda, publicacións de referencia nacionais e internacionais.

Leer más:   A Deputación aproba unha modificación de créditos de 18,2 millóns para financiar proxectos municipais, cooperar coa Xunta e axudar a entidades económicas e sociais

Os numerosos libros e exposicións retrospectivas da súa obra -con algunha mostra tan emblemática coma ‘Outumuro looks’, que chegou a ser exposta en cidades como Moscova, ou ‘Outumuro BCN retrats’ – axudan a entender a pegada de Manuel Outumuro no deseño estético e o retrato da España contemporánea, a través dun estilo singular e natural, influído polos clásicos da fotografía e da pintura e no que a luz xoga un papel predominante dentro dun frutífero camiño profesional de primeirísimo nivel.

 

 

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCastrelo de Miño acolle do 1 ao 3 de setembro a XXIV Concentración de Escolas de Vela e a regata Copa Deputación da clase Optimist
Artículo siguienteO Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival Céltico, co apoio da Deputación
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.