Inicio Destacado A Deputación concede 830.000 euros en axudas para proxectos e servizos municipais,...

A Deputación concede 830.000 euros en axudas para proxectos e servizos municipais, iniciativas sociais e actividades culturais

Ourense, 5 de setembro de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 830.316 euros en subvencións para o financiamento dunha vintena de proxectos e servizos locais e intermunicipais, iniciativas de carácter social e actividades de entidades culturais.

En cooperación local, a Deputación achegará dúas axudas ao Concello de Bande: 236.000 euros para mellorar a seguridade viaria na travesía da vila e 10.000 euros máis para actividades do “Xurés Experience”. Tamén aprobáronse 45.000 euros para relacións interadministrativas no Concello de Larouco e 48.000 para un proxecto piloto de axuda no fogar en Monterrei.

Leer más:   A Deputación recibe da Xunta 100 novos colectores de reciclaxe para potenciar un servizo de recollida e tratamento de lixo único en Galicia

Ademais concedéronse catro axudas ao Concello de Muíños: 10.000 euros para o “Xurés Experience”; 79.000 para campamentos xuvenís; 107.800 para unha nave do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES); e 45.000 para cofinanciar unha obra de Augas de Galicia para a mellora de saneamento en varias poboacións. O Concello de Piñor vai contar con 14.000 euros para o Rally Mix; Porqueira terá 50.000 euros para gastos de funcionamento da residencia da terceira idade; e Xunqueira de Ambía poderá facer un estudo de rehabilitación do retablo da colexiata cunha axuda de 3.000 euros.

Cooperación con mancomunidades

No capítulo local cómpre engadir catro achegas para outras tantas entidades supramunicipais: 50.000 euros para a mancomunidade do Ribeiro; a mesma cantidade para Verín; e 20.000 para a entidade turística dos concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, nestes tres casos con destino a gastos de funcionamento. A mancomunidade da comarca de Ourense recibirá 15.000 euros para traballos medioambientais.

Leer más:   O Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week

En canto a colaboración con entidades concedéronse as seguintes subvencións: 14.500 euros para Queiman y Pousa S.L. destinados a un proxecto audiovisual sobre a Ribeira Sacra; 4.000 para a escola de baile e música tradicional da asociación cultural Rebulir; 6.000 para o colectivo Xingros que promove o Festival Hércules Brass; 2.000 con destino a gastos de funcionamento da asociación de veciños Santa María de Ansemil; e 21.000 euros coa mesma finalidade para a Fundación de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs socialistas de Leiro critican as mentiras, manipulacións e a nefasta xestión do PP na loita contra o arsénico na auga
Artículo siguientePablo Pérez supervisa a creación e humanización dun aparcadoiro en Parada de Sil, dentro do Plan Hurbe
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.