Inicio Destacado Denunciamos a «confusión, caos e descontrol» que reinan nas xuntas de área...

Denunciamos a «confusión, caos e descontrol» que reinan nas xuntas de área do Concello de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA A OCULTACIÓN DELIBERADA DE INFORMACIÓN POR PARTE DO GOBERNO LOCAL NAS XUNTAS DE ÁREA DO CONCELLO: “REINA A CONFUSIÓN, O CAOS E O DESCONTROL”

“Os concelleiros delegados dedícanse a tomar nota, hai total opacidade a respecto do funcionamento das áreas que representan e non existe rendición de contas”

As e os socialistas lamentan que “os deberes pendentes de Jácome son proporcionais á incapacidade do microgoberno para xestionar con solvencia e dilixencia as áreas municipais”

Ourense, 13 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia, unha vez máis, a ocultación deliberada de información por parte do Goberno local nas xuntas de área do Concello, logo de que hoxe tivesen lugar as primeiras xuntanzas baixo a remodelación das áreas resultante da ruptura do bipartito do Partido Popular e Democracia Ourensana, nas que aseguran que “reina a confusión, o caos e o descontrol”.

Leer más:   ¿Ganas de un baño debido a este calor? Estas son las piscinas que están abiertas en Ourense

“Os concelleiros delegados dedícanse a tomar nota, hai total opacidade a respecto do funcionamento das áreas que representan e non existe rendición de contas. O que antes era un comportamento relativamente frecuente agora converteuse na tónica habitual destas sesións, nas que se acumulan preguntas ás que non se ofrece ningún tipo de contestación, ben por ocultación deliberada ou por mero descoñecemento”, sinala o voceiro socialista, Rafa Villarino.

Segundo as e os socialistas, a isto cómpre sumar que existe un totum revolutum de áreas que produce “desconcerto” e contribúe a impedir un control exhaustivo de áreas municipais tan destacadas coma a termal ou a urbanística. Neste sentido, exemplifican que “a xestión termal recae sobre a área de Dinamización Municipal, mentres que o mantemento das pozas está baixo o paraugas de Obras públicas, Infraestruturas, Servizos Urbanos e Medio Ambiente”, o cal impide ter unha “visión de conxunto”.

Leer más:   A gratuidade de todos os trens Avant e media distancia de Ourense xa é unha realidade grazas ao PSOE

«Hoxe preguntamos sobre se o Concello contaba co perceptivo permiso de patrimonio para a instalación das letras corpóreas de OURense na zona da Ponte Romana, unha información que xa solicitamos tamén por rexistro sen obter ningún tipo de resposta, e a contestación que nos deron foi que esa é unha cuestión que recae na área de Medio Ambiente. É un total descontrol cuxa finalidade é que a oposición non poida fiscalizar o labor do Goberno municipal. Os deberes pendentes de Jácome son proporcionais á incapacidade do microgoberno para xestionar con solvencia e dilixencia as áreas municipais».


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrisión para una mujer por cinco incendios que quemaron un millar de hectáreas en Verín (Ourense)
Artículo siguienteA Veiga convértese de novo, co apoio da Deputación, en referencia da divulgación científica coa 8ª edición das xornadas AstroTrevinca
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.