Inicio Destacado A Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor...

A Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor Arturo Baltar coa edición dun libro do escritor e xornalista Antón Lopo

Na presentación do volume, que leva por título o nome do artista, Manuel Baltar afirmou que se trata dunha “publicación de luxo sobre un dos xigantes da nosa cultura”, ademais dunha “reivindicación do seu legado, compromiso, traxectoria, obra e identificación con Ourense”

Antón Lopo definiu o libro como un modo de “reenfocar” a vida e obra de Arturo Baltar, como un dos escultores máis importantes da posguerra en Galicia “e como persoa e artista fundamental en Ourense, pois tamén se reconstrúe a historia da cidade a través da súa mirada pícara”

O presidente do goberno provincial anunciou que Manuel Buciños, co apoio da Deputación, recuperará a única escultura que Arturo Baltar tiña nun espazo público, o parque Miño de Ourense, onde fora instalada a finais dos anos 90 e que permanece en paradoiro descoñecido

Ourense, 22 de setembro de 2022.- A Deputación de Ourense vén de publicar o libro titulado Arturo Baltar, do escritor e xornalista Antón Lopo, que permite redescubrir a figura e obra do escultor ourensán “nunha publicación de luxo sobre un dos xigantes da nosa cultura”, afirmou esta mañá o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante a presentación no Pazo Provincial deste volume e na compaña do seu autor.

Leer más:   A Deputación inclúe no plan anual de publicacións a edición de 18 obras sobre historia, patrimonio, etnografía, poesía, literatura e galeguismo

Calquera momento é importante para “reivindicar o legado, compromiso, traxectoria, obra e identificación con Ourense do artista”, asegurou Manuel Baltar, que fixo un recoñecemento explícito do traballo de Antón Lopo por contribuír con este libro “a manter unha homenaxe permanente ao escultor”.

O presidente do goberno provincial vinculou a edición do volume á entrega, onte, do título de Fillo Adoptivo da provincia a outro destacado escultor ourensán, Manuel Buciños. Neste sentido, Manuel Baltar anunciou que o artista, co apoio da Deputación, comprometeuse a recuperar a única escultura de Arturo Baltar situada nun espazo público, o parque Miño de Ourense, onde fora instalada a finais dos anos 90 e que cuxo orixinal, fundido polo propio Buciños, permanece en paradoiro descoñecido logo de ser subtraído do seu emprazamento. Unha gran oportunidade para “devolvela ao seu sitio e que siga tendo a presenza que nunca debeu perder”, remarcou o presidente da Deputación.

Leer más:   Ourense: Alerta por melones de Marruecos contaminados con pesticidas


Cinco anos de traballo

Antón Lopo definiu o libro como un modo de “reenfocar a vida e obra de Arturo Baltar, non só como un dos escultores máis importantes da posguerra en Galicia e dentro da arte galega, senón tamén como unha persoa e un artista fundamental en Ourense, pois tamén con esta obra se reconstrúe a historia da cidade a través da mirada pícara do artista e vemos como o escultor vincula a varias xeracións de ourensáns co seu belén””.

Agradecido á Deputación por editar un traballo “de máis de cinco anos”, Anton Lopo tamén tivo palabras de gratitude para o escultor “que me deu a confianza e a xenerosidade de adentrarme na súa vida”. O autor apuntou que o volume corrixe cuestións biográficas, como a súa data e lugar de nacemento -A Habana, 1931-, e descubre “ao pimeiro performer da arte galega”, en referencia a súa participación como actor na película de José Val del Omar, Acariño galaico, rodada en Ourense a principios do anos 60 e na que Arturo Baltar foi un dos protagonistas.

Leer más:   Os socialistas de Viana denuncian que o alcalde incumpre co acordado para a celebración dos plenos ordinarios

Precisamente o axudante de dirección desta cinta, o poeta e cineasta Anric Masso, foi clave para conseguir as imaxes que se reproducen no libro, pois boa parte pertencen ao seu arquivo e son inéditas, xa que o propio Arturo Baltar tan só conservaba media ducia de fotos correspondentes á súa infancia. 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar recibe a unha nova promoción de alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol de Bos Aires
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.