Inicio Destacado Cargos municipais de México, Colombia e Paraguay visitan a Deputación como exemplo...

Cargos municipais de México, Colombia e Paraguay visitan a Deputación como exemplo de boas prácticas en transparencia e goberno aberto

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial a 18 concelleiros e concelleiras no marco do programa formativo que desenvolve a Escola Internacional de Goberno: “Os liderados como presidente e como goberno provincial máis transparentes de España son froito do compromiso por ofrecer aos cidadáns a mellor e máis clara información tanto a nivel institución coma persoal”

Ourense, 23 de setembro de 2022.- Un grupo de 18 concelleiros e concelleiras procedentes de México, Colombia e Paraguay realizaron unha visita á Deputación de Ourense como exemplo de boas prácticas en transparencia e goberno aberto, no marco do programa formativo da Escola Internacional de Goberno no que están a participar durante esta semana.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no salón de plenos do Pazo Provincial aos representantes locais, que estaban acompañados polo ourensán Eladio Jardón, director da escola. Baltar explicou que o seu liderado como presidente e como goberno provincial máis transparentes de España son froito “do compromiso por ofrecer aos cidadáns a mellor e máis clara información tanto a nivel institución coma persoal”.

Leer más:   A Deputación patrocina o Torneo Clasificatorio para o Campionato de Europa de Seleccións Masculinas de Hockey Herba

Eladio Jardón, á fronte da Escola Internacional de Goberno desde hai dez anos, agradeceu a Manuel Baltar a oportunidade que lles brinda esta visita “para achegarse ata unha administración provincial recoñecida polas súas boas prácticas e xestión, que grazas a estes encontros poderán ser implantadas nos gobernos locais destes países”.

Os cargos locais completan a súa estadía en España con visitas a outras institucións de relevancia en España, como o Congreso, Senado e o Parlamento de Galicia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación organiza unhas xornadas de acceso a financiamento e a mercados exteriores
Artículo siguienteBaltar empobrece e crea desigualdades en Ourense cun reparto de fondos caciquil e a dedo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.