Inicio Destacado Manuel Baltar ofrece o apoio da Deputación ao sector da construción para...

Manuel Baltar ofrece o apoio da Deputación ao sector da construción para desenvolver proxectos innovadores a través do novo Centro da FP

O presidente da Deputación formulou esta proposta durante a súa intervención na xunta directiva da Federación Galega da Construción, que hoxe celebrou na provincia a súa asemblea anual

Baltar avogou por “seguir establecendo sinerxias que faciliten a formación de novos profesionais”. Lembrou neste sentido a recente aprobación dunha axuda, por importe de 25.000 euros, para o traslado de alumnado desde a cidade de Ourense ata o centro formativo de Vilamarín.

Ourense, 28 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá na reunión da xunta directiva da Federación Galega da Construción, a cuxos membros ofreceu o apoio do goberno provincial para desenvolver proxectos innovadores a través do Centro Galego da Formación Profesional, que vén de abrir as súas portas na capital ourensá.

Manuel Baltar formulou esta proposta durante a súa intervención na xunta directiva da Federación Galega da Construción (FGC), reunida no centro formativo que a Fundación Laboral da Construción (FLC) posúe no parque empresarial de Vilamarín. Unha convocatoria na que participaron o presidente da federación e da fundación, Diego Vázquez Reino -tamén presidente da asociación provincial da Coruña- e os titulares das asociacións de Ourense, Santiago Ferreiro; Miguel Caruncho, de Pontevedra; e José Bouso, de Lugo.

Leer más:   Le da una paliza a su expareja en Ourense a pesar de tener una orden de alejamiento

“Ourense tamén é hoxe a capital galega da construción”, sinalou o presidente do goberno provincial para significar o protagonismo ourensán “nunha semana na que se concentran a celebración do Congreso Internacional de Turismo Termal, a feira de Termatalia e o Festival Internacional de Cine”. Un conxunto de iniciativas que, segundo Manuel Baltar, “son froito do noso compromiso por facer da colaboración público-privada unha realidade contundente”.

“Somos unha administración esponxa que recolle cantas ideas se nos formulan e nos permitan ser mellores”, afirmou o presidente para insistir na oferta de cooperación “cun sector de tanta importancia como a construción”. Neste sentido referiuse a un dos grandes problemas aos que se enfronta esta actividade, como é e falta de recursos humanos, avogando por “seguir establecendo sinerxias que faciliten a formación de novos profesionais”. Unha liña de traballo na que se enmarca a recente aprobación dunha axuda á Fundación Laboral da Construción, por importe de 25.000 euros, para o traslado de alumnado desde a cidade de Ourense ata o centro formativo de Vilamarín.

Leer más:   Manuel Baltar reúnese coa directiva da Asociación de Periodistas de Galicia

Como anfitrión da convocatoria, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), Santiago Ferreiro, agradeceu o compromiso do presidente da Deputación co sector.

Repaso aos fitos de xestión no goberno provincial

Na súa intervención ante a directiva galega dos construtores, Manuel Baltar tamén repasou a estratexia de xestión do goberno provincial destacando fitos como a débeda cero ou a próxima aprobación dos orzamentos de 2023, “a primeira administración pública de España en facelo, o que permitirá poñer en marcha, antes de que remate o ano, todos os plans e programas que serán plenamente operativos no primeiro día hábil do próximo ano”.

O presidente da Deputación foi invitado a participar na xunta directiva da Federación Galega da Construción, que se reúne cada dous meses, xornada na que tamén se celebrou a comisión permanente da Fundación Laboral da Construción. Con posterioridade, a federación celebrou a súa asemblea anual.

Leer más:   A Deputación publica o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora Marita Souto

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLogramos a aprobación dunha PNL para que a Xunta cumpra coas recomendacións da comisión de estudo dos incendios forestais
Artículo siguienteConvocatoria de Bolsas a deportistas individuais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.