Inicio Destacado Carmen R. Dacosta insta á Xunta a desbloquear a folga do siderometal...

Carmen R. Dacosta insta á Xunta a desbloquear a folga do siderometal en Ourense

CARMEN RODRÍGUEZ DACOSTA INSTA Á XUNTA DE GALICIA A QUE REALICE AS ACTUACIÓNS OPORTUNAS PARA DESBLOQUEAR A FOLGA CONVOCADA POLO SIDEROMETAL NA PROVINCIA DE OURENSE

A parlamentaria ourensá vén de presentar unha serie de iniciativas en sinal de apoio ao sector e aproveitará para preguntar ao goberno galego se iniciaron “algunha actuación” co fin de desbloquear a folga

Fai un chamamento á Xunta para que “poña todos os medios ao seu alcance ante a situación que están a vivir os traballadores do siderometal en Ourense, que levan xa 8 días en folga”

Ourense, 13 de outubro de 2022. A deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, insta á Xunta de Galicia a que, de forma “inmediata”, realice as actuacións oportunas de cara a desbloquear a folga convocada no sector do siderometal da provincia de Ourense. A parlamentaria ourensá vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias en sinal de apoio ao sector e aproveitará para preguntar ao goberno galego se iniciaron “algunha actuación” co fin de desbloquear a folga e se pensa actuar de “inmediato”, co fin de desbloquear o conflito.

Leer más:   Un matrimonio acepta 2 años de cárcel y 674.000 euros de multa por estafa a Xunta, Diputación y Ayuntamiento de Ourense

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense explican que a xornada anual do convenio do siderometal en Ourense “é a máis alta de Galicia”, cun cómputo anual de 1784 horas. As e os socialistas tamén argumentan que os salarios “son os máis baixos de toda a comunidade, concretamente un -13,71% inferiores aos de Pontevedra e un 17, 36% con respecto aos da Coruña. Unha circunstancia que levou aos traballadores e traballadoras a convocar unha folga indefinida a partir do 5 de outubro, que segue vixente hoxe.

Carmen Rodríguez Dacosta fai un chamamento á Xunta de Galicia para que “poña todos os medios ao seu alcance ante a situación que están a vivir os traballadores e traballadoras do siderometal en Ourense, que levan xa 9 días en folga polo bloqueo das negociacións do convenio colectivo na nosa provincia”. A parlamentaria ourensá sinala que dende o PSdeG-PSOE “compartimos o argumento dos sindicatos, xa que cunha inflación desbocada, o día a día e moi difícil para moitas familias, que vén como están a afrontar unha gran perda do poder adquisitivo”.

Leer más:   Logramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense ao alcalde represaliado, Manuel Suárez Castro

A representante do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia pide a “implicación” da Xunta de Galicia na resolución deste conflito e apunta a que “chegou o momento de que tomen as medidas, dentro da autonomía negociadora, para que esta problemática sexa resolta o antes posible”. Rodríguez Dacosta lémbralle ao Partido Popular que ante a inflación “só hai dúas vías de traballo: afrontar a recuperación en termos de equidade e xustiza e acometer por parte das administracións políticas ambiciosas que provoquen que ninguén quede atrás”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorGalicia rexistra un total de 1.851 casos activos por coronavirus
Artículo siguienteA Xunta destina 3,25 M€ en axudas ao asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.