Inicio Destacado Suecia suspende os pagos da pensión garantida aos emigrantes retornados

Suecia suspende os pagos da pensión garantida aos emigrantes retornados

A SECRETARÍA PROVINCIAL DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE DE OURENSE INFORMA QUE SUECIA SUSPENDE OS PAGOS DA PENSIÓN GARANTIDA AO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS

Esta decisión “aplícase aos nados a partir de 1938 que reciben unha pensión garantida ou unha pensión de supervivencia de Suecia, as persoas nadas en 1937 ou antes seguirán recibindo a pensión”

Luís Gulín púxose en contacto Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Dinamarca, Suecia, Finlandia, Noruega e Países Bálticos, con sede en Copenhague, e esta aclarou que este complemento de garantía non se retirará nas pensións de viuvez

Ourense, 14 de outubro de 2022. A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa que Suecia suspende os pagos da pensión garantida aos emigrantes retornados. Os e as socialistas tiveron constancia desta circunstancia despois de que varios veciños e veciñas da zona de Arousa, en Pontevedra, se puxeran en contacto co secretario provincial de migracións, Luís Gulín.

Leer más:   As Xornadas de Folclore triunfan en Allariz e Maceda

Estes veciños e veciñas informaron que están a recibir cartas da Axencia Sueca de Pensións nas cales se lles comunica que a partir do 1 de xaneiro de 2023 suspéndense os pagos da chamada pensión garantida (garantipension). “Os afectados son principalmente homes que prestaron servizos durante algúns anos na mariña mercante sueca”, indican dende a área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense.

O secretario provincial de migracións dos socialistas ourensáns, Luís Gulín, explica que esta decisión “aplícase aos nados a partir de 1938 que reciben unha pensión garantida (garantipension) ou unha pensión de supervivencia (garantipension till omställningspension) de Suecia”. O representante socialista da área de migracións tamén apunta a que “as persoas nadas en 1937 ou antes seguirán recibindo a pensión garantida despois do 1 de xaneiro”.

Leer más:   Detenido en Toén (Ourense) ocupante de un vehículo robado en Portugal

A Pensión de Garantía é unha prestación mínima, que se concede a persoas con poucos anos cotizados ou que nunca traballaron. Segundo a normativa da UE, ratificada por unha sentenza do TSJUE do ano 2017, estas prestacións mínimas só se perciben, se se vive no país en cuestión.

A secretaria de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense púxose en contacto coa Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Dinamarca, Suecia, Finlandia, Noruega e Países Bálticos, con sede en Copenhague, e esta aclarou que este complemento de garantía non se retirará nas pensións de viuvez. “Se o pensionista residente en Galicia percibe unha pensión vinculada aos ingresos, unha pensión de curmá, unha pensión complementaria, un complemento de pensión de ingresos ou unha pensión de supervivencia relacionada cos ingresos (inkomstpension, premiepension, inkomstpensionstillägg, tilläggspension), estas pensións non se verán afectadas e o pensionista seguirá recibindo pagos independentemente de onde viva”, afirma Luís Gulín.

Leer más:   Esiximos á Xunta elixir Ourense para acoller a Axencia de IA co fin de loitar contra o brutal despoboamento

Como novidade, dende o PSOE ourensán informan que os emigrantes retornados de Suecia “xa poden dirixirse á Oficina Nacional de Pensións sueca, solicitando que se envíen ao pensionista todas as comunicacións en español”. Dado que Suecia retén IRPF en orixe na súa pensión, Gulín destaca que “é de suma importancia ter ese certificado para reclamar á AEAT a devolución por dobre imposición internacional”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión meteorológica para Ourense
Artículo siguienteEl Gobierno espera que en el primer trimestre de 2023 termine la homologación de los trenes Avril, que avanza “bien”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.