Inicio Destacado A Executiva Municipal e as Xuventudes Socialistas celebran un foro para analizar...

A Executiva Municipal e as Xuventudes Socialistas celebran un foro para analizar alternativas e solucións ao botellón

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE OURENSE E AS XUVENTUDES SOCIALISTAS CELEBRAN UN FORO PARA ANALIZAR AS ALTERNATIVAS E AS SOLUCIÓNS Á PROBLEMÁTICA DO BOTELLÓN

Os socialistas abren este debate posto que o Concello leva 8 anos de goberno dos populares e de Democracia Orensana mirando cara outro lado pese ás reiteradas ocasións nas que se solicitou que se reactivase

Dende as Xuventudes Socialistas sinalan o carácter multidisciplinar e de diferentes perspectivas das mesas de debate nas que se abordará “a situación dende o ámbito familiar e educativo, legal, sanitario e psicolóxico»

Ourense, 17 de outubro de 2022. A Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense realiza o vindeiro sábado 22 de outubro un foro debate para atallar a problemática do “botellón” na cidade de As Burgas e analizar alternativas e solucións. O Foro, “aberto á cidadanía” -tal e como explicou a secretaria local, Natalia González– terá lugar no salón do restaurante San Miguel ao longo de todo a mañá e estará moderado polas Xuventudes Socialistas de Ourense e animan a tódolos colectivos implicados dende colexios, Anpas e asociacións a que se sumen e participen.

Leer más:   Aplaudimos a «aposta histórica» de Sánchez co ferrocarril de Ourense grazas á implantación de máis Avant e á gratuidade de toda a Media Distancia

O único fin deste foro, expuxo González, é lograr alternativas e solucións dado que pasan os anos en Ourense e os veciños e veciñas continúan a convivir co problema sin que a Xunta, a Deputación e o Concello plantexen solucións e fagan o que lles corresponde.

Os socialistas abren este debate posto que o Concello leva 8 anos de goberno dos populares e de Democracia Orensana mirando cara outro lado pese ás reiteradas ocasións nas que se solicitou que se reactivase e se puxese en marcha a ordenanza do Botellón por parte do grupo municipal socialista, da que nada se sabe ata o de agora.

Natalia González considera necesario este plantexamento dende a agrupación municipal socialista como continuación da “folla de ruta de cara ao cambio de goberno no vindeiro 2023” para que haxa “alternativas sobre a mesa” e se teña en conta á xente moza que representará “o futuro de Ourense”.

Leer más:   Os PGE 2023, as contas máis sociais da historia de Ourense

Dende as Xuventudes Socialistas sinalan o carácter multidisciplinar e de diferentes perspectivas das mesas de debate nas que se abordará “a situación de España e Galicia dende o ámbito familiar e educativo” da man de Uxía Tizón (vogal na comisión de condutas aditivas do Congreso). Julio Torrado (voceiro de sanidade do PSdeG) e Cristina Cruz (secretaria de educación da CEM de Ourense); “Propostas no ámbito sanitario, psicolóxico e social” plantexadas por Marina Ortega (directiva do Colexio de Psicólogos de Galicia) e Alberto Fidalgo (Médico e secretario de sanidade da CEM de Ourense); “O papel da administración pública” por parte de Alfredo García (alcalde de O Barco e expresidente da FEGAMP), Marga Martín (responsable de políticas sociais da CENG) e Carmen R. Dacosta (avogada e parlamentaria do PSdeG).


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEsiximos á Xunta elixir Ourense para acoller a Axencia de IA co fin de loitar contra o brutal despoboamento
Artículo siguienteOs e as socialistas de Pereiro reclaman o arranxo da estrada de Sabadelle ante o seu deplorable estado
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.