Inicio Destacado Esiximos á Xunta elixir Ourense para acoller a Axencia de IA co...

Esiximos á Xunta elixir Ourense para acoller a Axencia de IA co fin de loitar contra o brutal despoboamento

O PSDEG-PSOE RECLAMA Á XUNTA UN “POSICIONAMENTO INMEDIATO E CONTUNDENTE” PARA QUE OURENSE ACOLLA A AESIA CO FIN DE FREAR O “DESPOBOAMENTO BRUTAL” DA PROVINCIA

Os e as socialistas recordan que Ourense perdeu 136.000 habitantes no último medio século, sen que exista “unha debacle demográfica similar en España”, polo “é incuestionable” a idoneidade da provincia

O real decreto que regula a desconcentración destes órganos do Estado determina claramente que deben ser territorios con problemas demográficos, de cohesión social ou afectados polo desemprego

Ourense, 17 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE reclama á Xunta un “posicionamento inmediato e contundente”, co fin de que Ourense sexa a proposta do goberno galego para acoller a sede a Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia). Esta decisión permitiría frear o brutal despoboamento, cumprindo cun dos principais obxectivos desta iniciativa, estipulado así no real decreto que regula a desconcentración destes órganos. Tamén impulsaría o tecido empresarial e social dunha provincia moi necesitada de accións en favor do reequilibro territorial.

Leer más:   Acisclo Manzano recibe a Medalla de Ouro da provincia como referente dun “ourensanismo transformador, da arte e da bonhomía”

Os e as socialistas recordan que Ourense perdeu 136.000 habitantes no último medio século. “Non existe unha debacle demográfica similar en toda España”, destacan, polo que consideran “incuestionable” a “procedencia da elección da candidatura ourensá para representar a toda Galicia”, xa que “estamos ante unha provincia historicamente maltratada, cunha importante carencia de investimentos”.

A localización deste e doutros órganos do Estado será decidida mediante un procedemento establecido no Real Decreto 209/2022, baseado en criterios equitativos e independentes. Estes criterios inclúen, entre outros, a loita contra o despoboamento; a cohesión social e territorial; a mellora no funcionamento dos servizos públicos ou os niveis de desemprego. “Resulta evidente que a implantación da AESIA en Ourense sería un pulo a medio e longo prazo para a economía e a demografía”, insisten desde o PSOE.

Leer más:   Os e as socialistas de Pereiro reclaman o arranxo da estrada de Sabadelle ante o seu deplorable estado

“Este real decreto establece, por fin, medidas reais para darlle a volta á desfeita demográfica da nosa provincia e doutras zonas con problemas similares”, destacan, polo que “sería incomprensible” que as propostas oficiais puxesen o foco nalgúns dos territorios máis poboados e dinámicos de toda España.

Como xa explicaron anteriormente, os e as socialistas recordan que “está comprobado que afondar na descentralización de actividades e infraestruturas nos territorios que non son capital estatal ou rexional, contribúe a frear tendencias poboacionais negativas e a xerar innovación e emprego de calidade, así como a impulsar actividades económicas transversais”. Ademais, recordan que Ourense “cumpre sobradamente” outros criterios como ter boa conectividade, contar cunha facultade de informática consolidada e con estudos universitarios de intelixencia artificial.

Leer más:   A gratuidade de todos os trens Avant e media distancia de Ourense xa é unha realidade grazas ao PSOE

O PSdeG-PSOE tamén reclama un “papel máis activo” ao alcalde da terceira cidade de Galicia, Gonzalo Pérez Jácome, e ao presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, que están “vergoñentamente desaparecidos e calados” nun momento “crucial” para a candidatura. “No lugar de estar de viaxe recollendo premios ou atacando aos empregados públicos municipais, Baltar e Jácome deberían estar apremiando á Xunta de Galicia para que Ourense sexa a escollida”, conclúen.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Ourense
Artículo siguienteA Executiva Municipal e as Xuventudes Socialistas celebran un foro para analizar alternativas e solucións ao botellón
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.