Inicio Destacado A Deputación reforza a súa colaboración con Gomesende con medios para a...

A Deputación reforza a súa colaboración con Gomesende con medios para a loita contra os lumes, infraestruturas viarias e áreas infantís

Manuel Baltar repasou estas actuacións coa alcaldesa, Pura Rodríguez: “Continuaremos coa liña de cooperación que vimos mantendo en todos estes anos”

A rexedora subliñou a cooperación da Deputación e do seu presidente como de “máxima importancia, sempre escoitando as nosas necesidades e atendendo as nosas peticións”

Gomesende será un dos doce concellos beneficiados grazas ao único convenio asinado por unha Deputación galega coa Consellería de Medio Rural para adquirir maquinaria destinada á prevención de incendios forestais

Ourense, 15 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense vai reforzar a súa colaboración co Concello de Gomesende coa dotación de novos medios para previr e loitar contra os lumes forestais, realizar obras de acondicionamento en estradas provinciais e habilitar espazos para xogos infantís. Manuel Baltar repasou estas actuacións coa alcaldesa, Pura Rodríguez, nunha reunión na que abordaron futuras liñas de cooperación entre ambas administracións.

Leer más:   A Deputación avanza no proxecto do hotel balneario de Ourense, co Pazo de Xustiza e a delegación de Sanidade como sedes provisorias da administración provincial

Baltar destacou que Gomesende contará cun tractor equipado con maquinaria de roza para a prevención de incendios. Un equipamento incluído na última modificación de créditos aprobada no pleno de abril pola corporación provincial, no marco do único convenio asinado por unha Deputación galega coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes e que tamén beneficiará a once concellos ourensáns máis. O presidente provincial asegurou que continuará “a liña de cooperación que vimos mantendo con Gomesende en todos este anos” e que ademais desta maquinaria vai incluír tamén “actuacións en estradas municipais, beirrarúas para incrementar a seguridade viaria da veciñanza e un parque infantil para ampliar as áreas de xogos”.

Leer más:   A Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor Arturo Baltar coa edición dun libro do escritor e xornalista Antón Lopo

Pura Rodríguez cualificou a colaboración da Deputación como de “máxima importancia”. Para a rexedora, “un concello de algo máis de 600 habitantes e con pequenos recursos precisa da axuda outras administraciones”. Non obstante, nesta liña subliñou a cooperación da Deputación e do seu presidente, “sempre coa máxima predisposición hacia Gomesende, escoitando as nosas necesidades e atendendo as nosas peticións”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar ofrece colaboración a Rueda y subraya que conoce las “necesidades y proyectos estratégicos” de Ourense
Artículo siguienteAsistidas dos personas a la que bomberos ayudaron a salir de un coche accidentado en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.