Inicio Destacado A Deputación apoia a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que...

A Deputación apoia a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que se celebra este fin de semana no Paco Paz

Na competición participan 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas en categoría junior e senior

Ourense, 29 de abril de 2022.- O Pazo dos Deportes Paco Paz acolle este fin de semana a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín 2022. Unha competición na que participarán 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas, 20 adestradores e 12 xuíces para competir en categorías junior e senior nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín individual e trampolín sincronizado.

A competición, que conta co apoio da Deputación de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte, foi presentada no salón de prensa da institución provincial, coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez e a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez.

Leer más:   Cenlle reúne este sábado a 400 deportistas no campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo

Na competición daranse cita, segundo a organización, varias ximnastas en seguimento por parte da Real Federación Española de Ximnasia para deseñar o equipo que participará no Campionato de Europa, que tendrá lugar en xuño en Rímini (Italia).

Esta tarde desenrolaranse os adestramentos oficiais, e mañá e o domingo, sábado 30 de abril e domingo 1 de maio, celebraranse a competición, con acceso gratuíto ao Pazo dos Deportes.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación recoñece o traballo do persoal de Expourense en momentos complicados da pandemia
Artículo siguienteEl Gobierno invertirá 3,8 millones de euros en una “moderna” base de defensa contra incendios en Laza (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.