Inicio Destacado A Deputación colabora coa XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos

A Deputación colabora coa XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos

Lobios acolle esta tradicional festa o domingo 21 de agosto, nunha xornada que inclúe a XIII edición da Carretada, unha feira de artesanía, unha festa acuática e amenización musical

Ourense, 17 de agosto de 2022.- A Deputación de Ourense colabora co Concello de Lobios na celebración da XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos, que se celebrará este domingo, 21 de agosto, nunha xornada que tamén inclúe a XIII Carretada de Lobios.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, reuniuse coa alcaldesa de Lobios, Maricarmen Yáñez, para repasar os detalles dunha festa que está organizada pola Asociación Cultural da Festa dos Callos e da Carretada. César Fernández resalta o valor dunha festa que “reivindica a nosa cultura tradicional cunha coidada programación que mellora ano a ano”, destacando ademais o rol destes eventos como “axentes dinamizadores do territorio”.

Leer más:   A XXXVIII edición da Carreira Popular de Leiro reunirá este domingo a máis de 550 participantes

Pola súa banda, Maricarmen Yáñez valora a importancia de recuperar a Festa dos Callos Limiaos despois do parón provocado polo covid, “unha xornada deseñada coma homenaxe para todos os emigrantes que pasan as súas vacacións en Lobios”. A alcaldesa destaca o xantar popular “baseado neste prato tan típico da nosa zona, e que este ano estarán elaborados a través da receita do cociñeiro de Lobios Domingo González”. A rexedora tamén valora a celebración da feira de artesanía, a participación da banda de música de Lobios -“que ten orixe en 1879”- e a Carretada de Lobios, “unha proba singular: os participantes terán que tirar dun carro de vacas por parellas, para probar a súa forza física e destreza”.

Leer más:   Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación a Queixumes dos Pinos para garantir o futuro do legado de José Antonio Viñas

Programación da XXIII Festa dos Callos Limiaos e a XIII Carretada de Lobios

Dentro da programación da xornada festiva do domingo 21 de agosto en Lobios, a feira de artesanía arrancará as 11,30 horas e as 13,30 horas abrirá as portas o pavillón municipal para a degustación dos callos limiaos -elaborados con aceite de oliva virxe extra de Aceites Abril-, cun menú que abarca, por 12 euros, pastel de centolo, unha ración de callos con cazola de recordo, pan e arroz con leite. O xantar estará amenizado pola banda de música de Lobios, previamente protagonista da alborada (12,00 horas).

A xornada tamén inclúe unha festa acuática na piscina municipal (a partir das 15,30 horas), ambientación musical da Charanga CLK e a XIII edición da Carretada de Lobios, con categoría infantil, xuvenil e senior.

Leer más:   Rosendo Fernández participou na apertura de Funergal

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación acomete melloras no paseo fluvial de O Corgo, en Muíños
Artículo siguienteRibadavia clausurou a XXXVII edición das Xornadas de Folclore
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.