Inicio Destacado A Deputación concede 300.000 euros en subvencións para cooperación con proxectos municipais...

A Deputación concede 300.000 euros en subvencións para cooperación con proxectos municipais e entidades

A Xunta de Goberno incluíu a resolución do concurso de axudas a entidades locais para actividades culturais: 45 achegas por un importe de 75.000 euros que se distribuirán entre 35 concellos para festas tradicionais, etnográficas, Nadal, música e cine

Ourense, 29 de agosto de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de preto de 300.000 euros en subvencións para colaborar con proxectos municipais e iniciativas de entidades privadas. Na orde do día destaca a resolución do concurso de axudas a entidades locais para a organización de actividades de carácter cultural: 45 achegas por un importe próximo a 75.000 euros, dos que se beneficiarán 35 concellos para iniciativas relacionadas con festas tradicionais, etnográficas, programación de Nadal, música e cine.

No capítulo de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno acordou conceder as seguintes achegas: 15.000 euros para a oficina municipal de turismo de Montederramo; 97.000 euros para a rehabilitación dun edificio de uso turístico no Corgo; 7.000 ao Concello de Lobios para a gravación dun vídeo da gaiteira Susana Seivane; e preto de 48.000 para obras de mellora de firme en estradas de San Amaro.

Polo que respecta ás entidades privadas, a Coral de Ruada recibirá 26.000 euros; a mesma cantidade para a Fundación Curros Enríquez; e 5.000 euros para a asociación cultural Abertal. Nos tres casos as axudas están dirixidas a financiar gastos de funcionamento correspondentes a este ano.


- Te recomendamos -