Inicio Destacado A gratuidade de todos os trens Avant e media distancia de Ourense...

A gratuidade de todos os trens Avant e media distancia de Ourense xa é unha realidade grazas ao PSOE

O PSDEG-PSOE DESTACA QUE “SÓ CO PSOE FOI POSIBLE QUE OURENSE TEÑA TODOS OS TRENS DE MEDIA DISTANCIA GRATUITOS” FRONTE A UN “PP E UN BNG QUE NON APOIARON A MEDIDA”

Rafa Villarino e Natalia González acompañaron ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e ao subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González, na estación da terceira cidade de Galicia

“Nunca ningún goberno fixo tanto pola mobilidade de Ourense e pola economía das familias, unha medida que adiantamos en agosto e que agora foi confirmada polo Consello de Ministros», destacou Villarino

Ourense, 7 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE destaca que “só co PSOE na Moncloa e con Pedro Sánchez como presidente do Goberno foi posible que Ourense teña todos os seus servizo ferroviarios de Media Distancia gratuítos”, tal e como adiantaran os e as socialistas ourensáns o pasado mes de agosto, e a pesar de que “Partido Popular e BNG non apoiaron esta medida” durante a votación no Congreso da convalidación do decreto que a regula.

Leer más:   DENUNCIA CIUDADANA | "Andan 3 mangantes por el pueblo. Aviso a hostelería de Carballiño!!!!"

O secretario provincial, Rafa Villarino, e a secretaria da agrupación da cidade, Natalia González, acompañaron hoxe ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e ao subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González Afonso, durante a supervisión que fixeron, na estación Empalme da terceira cidade de Galicia, do funcionamento destes abonos recorrentes que agora tamén bonifican o 100 % do prezo dos servizos de media distancia de alta velocidade Avant ata Santiago de Compostela e A Coruña, unha medida que o Consello de Ministros aprobou onte.

Villarino destacou que “a excepción galega á que se incorpora Ourense foi impulsada só polo PSOE e permítenos gozar tamén dunha gratuidade total de todos os servizos de media distancia (MD) de alta velocidade e dos convencionais, tendo a nosa provincia todos os trens MD cunha bonificación do 100 %”. A medida terá carácter retroactivo desde o 1 de setembro en canto se proceda a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). Así mesmo tamén recordou que os e as ourensáns tamén poden gozar dun abono do 50 % nas viaxes cara á Gudiña, Puebla de Sanabria e Zamora.

Leer más:   A Executiva Municipal e as Xuventudes Socialistas celebran un foro para analizar alternativas e solucións ao botellón

“Nunca antes ningún goberno fixo tanto pola mobilidade de Ourense e pola economía das familias, unha medida que xa adiantamos en agosto e que agora foi confirmada coa súa posta en marcha e a súa aprobación no Consello de Ministros”, salientou o secretario provincial tras comprobar na terminal ferroviaria a “gran acollida” que os abonos están sumando entre a veciñanza.

Villarino tamén destacou o “aforro de máis de 1.800 euros dos viaxeiros e viaxeiras entre Ourense e A Coruña e de máis de 1.300 euros ata Santiago”. Igualmente lembrou que esta medida só saíu adiante “grazas ao impulso do Partido Socialista”, xa que “nin BNG nin Partido Popular votaron no Congreso a favor do decreto que permite esta gratuidade total dos servizos Avant e os trens MD convencionais”.

Leer más:   ¿Necesitas conciliar en Semana Santa? Llega el programa de ocio infantil Espacio Coeduca

O PSdeG-PSOE ourensán “aplaude” esta “decisión histórica” do Goberno central presidido por Sánchez, baseada nunha “aposta inédita” polo ferrocarril, grazas a medidas como a gratuidade dos traxectos de media distancia ou o incremento de servizos e prazas en trens de media distancia que unen Ourense co Eixo Atlántico, a través dun novo servizo Avant con saída da capital ourensá ás 6:45 horas, así como coa reserva de prazas MD en trens de larga distancia, nos que tamén se poderán usar os títulos multiviaxe bonificados ao 100 %.

Esta histórica decisión adoptada cun goberno socialista, pretende impulsar o uso deste tipo de transporte público para “garantir a mobilidade cotiá” e para “mellorar substancialmente a economía das familias e das empresas”, potenciado o uso dun medio de transporte “seguro, fiable, cómodo, económico e sostible” como é o ferrocarril, nun contexto económico complexo provocado pola invasión rusa de Ucraína.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbsuelto el expresidente del Club de Fútbol Monterrei de un delito contra los derechos de los ciudadanos extranjeros
Artículo siguienteLa segunda edición de la Mobile Week Ourense combatirá la despoblación rural a través de la tecnología
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.