Inicio Destacado Visitamos co ministro de Cultura o novo arquivo histórico de Ourense

Visitamos co ministro de Cultura o novo arquivo histórico de Ourense

VISITAMOS CO MINISTRO DE CULTURA, MIQUEL ICETA, O NOVO ARQUIVO HISTÓRICO DE OURENSE

Ourense, 8 de setembro de 2022. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafa Villarino, e a secretaria da agrupación municipal do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense, Natalia González, acompañaron hoxe ao ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, e ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, durante a unha visita ao novo Arquivo Histórico Provincial ubicado no antigo Convento de San Francisco. Na visita tamén estiveron o subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González, así como o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; a deputada, Uxía Tizón; o senador, Miguel Bautista; o secretario provincial de Emigración, Luis Gulín; e os concelleiros e concelleiras socialistas na cidade de Ourense, Rosa Martínez, Xosé Rúas e Borja López.

Leer más:   Baltar empobrece e crea desigualdades en Ourense cun reparto de fondos caciquil e a dedo

«Este equipamento é magnífico para Ourense, para Galicia e para España», manifestou o ministro antes de afirmar que «se corre o risco de pensar que os grandes equipamentos culturais teñen que estar nas grandes cidades e é un erro, porque España somos todos e todos habemos de sentirnos copropietarios e partícipes de todo o que se fai».

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) foi fundado en 1943 por impulso de Xesús Ferro Couselo, en aplicación do Decreto do 12 de novembro de 1931 de creación de arquivos históricos provinciais. En 1989 a xestión foi transferida á Xunta de Galicia e tamén se converteu en arquivo intermedio e histórico da Administración territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Leer más:   Isabel Rodríguez pide apoyo para Besteiro y el PSdeG, quienes representan el "futuro y la prosperidad" de Galicia

Ao longo do tempo, aos fondos fundacionais fóronse sumando outros, ingresados por distintas vías como compras, doazóns, legados, depósitos, así como polas transferencias ordinarias realizadas por distintas unidades da Administración.Un dos primeiros ingresos foi o do fondo dos Marqueses de Leis en 1943, que inaugurou un grupo de fondos (os de familias e persoas) que hoxe suman un total de 58, e que xunto ao grupo de fondos relixiosos converte o AHPOu no arquivo público galego máis rico en fondos de orixe privada.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorIceta inaugura el Archivo Provincial de Ourense y celebra que “los grandes equipamientos” lleguen a “todo el territorio”
Artículo siguienteEl conselleiro de Educación destaca la “gran normalidad” de comienzo del curso escolar en Galicia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.