Inicio Destacado Os e as socialistas de Cartelle denuncia que a falla de previsión...

Os e as socialistas de Cartelle denuncia que a falla de previsión da Xunta deixa o centro de saúde sen médico

O PSDEG-PSOE DE CARTELLE DENUNCIA QUE O CENTRO DE SAÚDE DO MUNICIPIO NON PRESTA ATENCIÓN SANITARIA DEBIDO A “FALLA TOTAL” DE PREVISIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA

Os e as socialistas acusan ao Partido Popular de optar polo “desleixo” e non buscar solucións para cubrir a falta de facultativo por mor das vacacións do titular ocasionando un “agravio” á veciñanza

O voceiro do PSdeG-PSOE, Jesús Pereiras, esixe “solucións inmediatas” para rematar co “abandono que sofre o rural” e que o PP “faga os deberes e busque un substituto que cubra as vacacións do facultativo titular da consulta médica de Cartelle”

Cartelle, 9 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Cartelle denuncia un novo capítulo de “desleixo” e “abandono” do Partido Popular en materia sanitaria no centro de saúde de Cartelle. Os e as socialistas critican o “desmantelamento” sanitario que están a levar a cabo dende a Xunta de Galicia e acusan ao executivo galego de “falla total de previsión”, despois de coñecer que o centro de saúde da capitalidade do municipio non está a prestar atención sanitaria aos veciños e veciñas por mor das vacacións do facultativo.

Leer más:   Reclamamos que a Xunta e a Deputación tomen medidas urxentes contra a seca na provincia

Dende o Grupo Municipal Socialista esíxenlle ao goberno galego, encabezado por Alfonso Rueda, que de xeito “inmediato” se proceda a cubrir as vacacións do facultativo titular do centro de saúde, con outro facultativo, que permita dar cobertura sanitaria á veciñanza. Unha circunstancia que chegou sen previo aviso e que ten aos veciños e ás veciñas do municipio totalmente “desconcertados” e que lles supón un “agravio” debido a que teñen que desprazarse ata Outomuro para poder recibir atención sanitaria.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE de Cartelle, Jesús Pereiras Vázquez, esta situación “esixe solucións inmediatas”, xa que segundo apunta “isto non é máis que un novo desleixo ao noso municipio e co que queda demostrado que o obxectivo do PP é rematar coa atención sanitaria no rural”. O edil socialista defende que o actual facultativo “ten todo o dereito do mundo a desfrutar das súas vacacións”, pero aféalle ao goberno autonómico que “non teña en previsións as vacacións dos profesionais e que en lugar de optar por un substituto, deixe de prestar un servizo esencial para a veciñanza”.

Leer más:   Suecia suspende os pagos da pensión garantida aos emigrantes retornados

Pereiras Vázquez tamén apunta que para os veciños e veciñas da parroquia de Cartelle e das do arredor, a falta de facultativo na consulta suponlles un “agravio” no seu día a día. Resalta que aos problemas para atopar transporte, “súmase a enorme dificultade dunha poboación con carencias de mobilidade e moi envellecida”. Para o voceiro socialista “é de xustiza que a veciñanza dispoña dunha atención sanitaria digna e para iso o goberno galego do PP ten que facer os deberes e prever a substitución do facultativo en caso de enfermidade ou vacacións”.

Os e as socialistas aproveitan para lembrar, que xa en outubro do ano pasado, denunciaron o desmantelamento sanitario no centro de saúde de Cartelle, que quedou varios meses sen facultativo. “A presión da veciñanza e as nosas iniciativas fixeron que o PP local tivese que posicionarse a favor da recuperación do servizo e a Xunta acabou recuando e recuperando o facultativo no centro de saúde”, subliñan os socialistas de Cartelle, que tamén fan fincapé na “necesidade de traballar con previsión para evitar estas situacións”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación súmase á “festa do ciclismo” co patrocinio do XXXVI Día da Bici, que reunirá nas rúas de Ourense a milleiros de ciclistas
Artículo siguienteCésar Fernández asistiu á inauguración da exposición “Compromiso na distancia”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.