Inicio Destacado Quintela de Leirado e Oímbra acolleron actividades paralelas da Mobile Week Ourense

Quintela de Leirado e Oímbra acolleron actividades paralelas da Mobile Week Ourense

Ourense, 17 de agosto de 2022.- Dentro das actividades paralelas da segunda edición da Mobile Week Ourense, que arranca mañá xoves, Quintela de Leirado e Oímbra acolleron esta mañá sendas iniciativas enfocadas ao fomento do uso responsable das novas tecnoloxías e as posibilidades abertas para a dinamización dos territorios rurais.

Quintela de Leirado contou coa presentación da app CAR -Comunicación Accesible Rural-: esta nova aplicación “de comunicación bidireccional” entre os concellos e os veciños busca avanzar na dixitalización do rural ourensán. A actividade foi impartida por Juan Carlos Pérez, un emprendedor e dinamizador do rural que, segundo explican dende a organización da Mobile, “innova con ferramentas dixitais como Aldealista en territorios en crise demográfica”. A presentación contou coa presenza, entre outros, dos alcaldes de Quintela de Leirado -José Antonio Pérez-, Gomesende -Pura Rodríguez- ou San Xoán de Río -José Miguel Pérez-, ademais do deputado Pablo Pérez.

Leer más:   O fotógrafo Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022

Mentras, no CPI de Oímbra, o experto Iván Luis Vázquez impartiu a charla informativa “Navega con Rumbo” a un grupo de rapaces do centro. Esta iniciativa busca avanzar na navegación segura en Internet por parte dos rapaces.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas na supervisión do inicio das obras de mellora da OU-402, na Arnoia
Artículo siguienteMingos Teixeira trae a súa pintura abstracta ao Centro Cultural Marcos Valcárcel
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.