Inicio Destacado Esiximos xustiza para as familias ourensás no acceso ás axudas escolares do...

Esiximos xustiza para as familias ourensás no acceso ás axudas escolares do Concello

O PSDEG-PSOE PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA RECLAMAR “XUSTIZA PARA AS FAMILIAS OURENSÁS” NO ACCESO ÁS AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR DO PRÓXIMO CURSO 2023-24

Villarino denunciou que a Xunta e o Concello de Ourense “abandonan as familias diante do inicio de curso máis caro da historia”, cun custe medio nos centros públicos e concertados superior aos 480 euros

Esixen que a Xunta recupere o sistema de gratuidade universal dos libros de texto, implantada polo goberno bipartito, e derrogado polo expresidente Feijoo durante o seu primeiro mandato autonómico

Ourense, 4 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE da cidade levará ao pleno municipal deste venres unha moción na que reclama “xustiza para as familias ourensás” no acceso e reparto das axudas municipais destinadas a material didáctico e comedor do vindeiro curso 2023-2024, logo de que 124 solicitantes quedaran fóra das subvencións do Concello para o presente período escolar, algo que tachan de “incomprensible” na situación de crise económica global.

“Mentres o Goberno do Estado está a incrementar o orzamento en educación, cunha nova partida de 58,8 millóns de euros para as CCAA destinada a axudar ás familias na adquisición de libros e materiais escolares, a Xunta e o Concello van no sentido contrario nun momento tan delicado coma o actual, coa crise que estamos a padecer”, lamentou o edil Xosé Rúas, quen fixo fincapé en que “a diferenza dos gobernos local e autonómico, o Goberno central socialista si que é consciente da necesidade de investir en educación, na base do noso futuro”.

Leer más:   Os e as socialistas acusan ao PP de deixar a un veciño sen auga pública por mor dunha «cacicada» do alcalde
Rafa Villarino, Rosa Martínez, Xosé Rúas, Natalia González e Borja López, diante do Concello de Ourense.

Dende o grupo socialista lembran que as familias están a afrontar o novo curso cunha notable perda de poder adquisitivo debido ao incremento xeneralizado dos prezos en toda Europa, derivado da guerra de Putin en Ucraína e as súas consecuencias sobre o valor da enerxía e das subministracións, no que ademais deben facer fronte aos “elevadísimos custos” do inicio de curso escolar.

Neste sentido, o voceiro socialista, Rafa Villarino, denunciou que a Xunta e o Concello de Ourense “abandonan as familias diante do inicio de curso máis caro da historia”, cun custe medio nos centros públicos e concertados superior aos 480 euros por neno ou nena en libros e material escolar.

“Cando a inversión media por cativo escolarizado ronda a día de hoxe os 500 euros, as axudas da Xunta andan arredor dos 50 euros para rendas inferiores a 6000 euros, e no Concello quedaron arredor do 40 % das familias solicitantes fóra por superaren o mínimo estipulado de 3700 euros de renda anual” abundou Rúas.

Leer más:   Aplaudimos a «aposta histórica» de Sánchez co ferrocarril de Ourense grazas á implantación de máis Avant e á gratuidade de toda a Media Distancia

A este respecto, Villarino manifestou a necesidade de modificar para o vindeiro curso as bases destas axudas, que tachan de “innecesariamente restritivas e desfasadas” en relación ás circunstancias actuais. “Cun limiar de 3700 euros ao ano por familia estamos a falar de 308 euros ao mes, unha renda que deixa fóra a moitas familias que realmente precisan esas axudas”, salientou o socialista.

Recuperar a gratuidade universal dos libros

Ademais, na mesma moción esixen que a Xunta de Galicia recupere o sistema de gratuidade universal dos libros de texto, implantada polo goberno bipartito, e derrogado polo expresidente Feijoo durante o seu primeiro mandato autonómico, “do que tamén formaba parte o actual presidente, Alfonso Rueda”, destacan.

Leer más:   Os e as socialistas de Pereiro reclaman o arranxo da estrada de Sabadelle ante o seu deplorable estado

Dende o grupo socialista lembran que a gratuidade dos libros para todos os usuarios e usuarias dos centros educativos é unha medida que a día de hoxe segue vixente en comunidades como Andalucía, Valencia ou Navarra, onde “as familias están protexidas fronte aos efectos da inflación no acceso a un dereito tan básico como é a educación”.

“Os datos din que hoxe en día temos unha educación peor en Galicia que hai dez anos, cun Partido Popular que pecha aulas, reduce o número de docentes, aumenta as ratios e degrada a oferta educativa mentres tenta convencernos de que a causa é a crise, cando realmente foron eles e as súas políticas os causantes de tal empeoramento”, conclúen.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo en los próximos días en Ourense
Artículo siguienteA Deputación colabora coa 5ª edición da andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación Diabética Auria
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.