Inicio Destacado Os e as socialistas de Pereiro reclaman o arranxo da estrada de...

Os e as socialistas de Pereiro reclaman o arranxo da estrada de Sabadelle ante o seu deplorable estado

O PSDEG-PSOE RECLAMA AO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR O ARRANXO INMEDIATO DA ESTRADA DE SABADELLE ENTRE OS COTOS E O HERBEDAL ANTE O SEU DEPLORABLE ESTADO

Ante a falta de resposta por parte do Concello desde hai anos, a veciñanza vén de proceder ao recheo das fochancas en peor estado coas súas propias mans, xa que “a situación tornouse insostible”

“Unha actuación integral na capa de rodadura, permitiría mellorar moito a seguridade e a confortabilidade dos condutores e condutoras, pero tamén de toda a veciñanza que emprega esta vía”, sinalan

Ourense, 17 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE reclama ao Concello de Pereiro de Aguiar o “inmediato arranxo” da estrada de Sabadelle entre Os Cotos e O Herbedal ante o “deplorable estado” que presenta, unha situación que xa motivou unha intervención de urxencia executada polos propios veciños e veciñas da contorna. Os e as socialistas critican unha “perigosa situación” que está a provocar un “tránsito de vehículos dificultoso”, poñendo en risco aos usuarios e usuarias desta vía, debido as grandes fochancas e ao pésimo estado de conservación xeral do firme.

Leer más:   Ourense acollerá o 6 de febreiro de 2023 a vindeira reunión da Comisión de Deputacións da FEMP

“Unha actuación integral na capa de rodadura, permitiría mellorar moito a seguridade e a confortabilidade dos condutores e condutoras, pero tamén de toda a veciñanza que emprega esta vía”, sinalan desde o PSdeG-PSOE e por iso esixen ao goberno local que “proceda a realizar as“labores de mantemento oportunas canto antes”, co fin de acadar un “estado óptimo”.

Desde o grupo municipal socialista insisten en que a estrada está “en pésimas condicións desde hai anos”, con “numerosos buracos, fochancas, grava e pedras soltas”. “Nalgúns puntos mesmo está levantada por mor dos piñeiros ubicados nas fincas colindantes”, resaltan. Os veciños e veciñas levan anos solicitando ao Concello de Pereiro un arranxo moi necesario, sen que se lles dera solución algunha polo de agora.

Leer más:   Un motorista muere al salirse de la carretera y chocar contra un muro en Petín (Ourense) por no llevar casco

Ante esta falta de resposta, a veciñanza afectada vén de proceder ao recheo dos buracos en peor estado coas súas propias mans, xa que “a situación tornouse insostible”. “Hai uns días parchearon as fochancas máis perigosas cos seus propios medios, mercando do seu peto o material necesario, principalmente cemento e grava”, denuncian desde o PSOE.

A situación na que se atopa a vía entre Os Cotos e O Herbedal está a provocar “avultados danos económicos” a algúns veciños e veciñas, xa que “deben pasar polo taller mecánico con frecuencia”, xa que, nalgúns casos, realizan este traxecto ata en catro ocasións diarias.

“O goberno municipal debe preocuparse pola correcta conservación de todas as vías do seu territorio, incluso das que non son da súa titularidade e non o está a facer”, conclúen desde o PSdeG-PSOE.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Executiva Municipal e as Xuventudes Socialistas celebran un foro para analizar alternativas e solucións ao botellón
Artículo siguienteUn cementerio de Carballeda de Avia (Ourense) sufre destrozos y el robo de cruces que datan de siglo pasado
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.