Inicio Destacado Manuel Baltar participa mañá no pleno da comisión de deputacións da FEMP

Manuel Baltar participa mañá no pleno da comisión de deputacións da FEMP

O presidente da Deputación encaixa este encontro, que se celebrará en León, dentro da reivindicación “da importancia dos gobernos provinciais”. Manuel Baltar avanza o clima de “franca colaboración” no que se desenvolverá a xuntanza e a valora coma “unha nova oportunidade para situar a xestión da Deputación de Ourense como referente a nivel nacional”

Ourense, 20 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá no pleno da Comisión de Diputaciones, Cabildos y Consejos Insulares da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), no que están representados os 52 gobernos provinciais de España e que nesta ocasión se celebrará en León. Manuel Baltar, que forma parte da xunta de goberno da FEMP por segundo mandato consecutivo, resalta que este “é un momento para falar da importancia dos gobernos provinciais. Un ano no que a Deputación celebra os seus 200 anos da súa posta en marcha e un tempo no que amosou a súa utilidade, fundamentalmente para os concellos ourensáns pero tamén para asociacións, fundacións e entidades de todo tipo que operan na provincia”.

Leer más:   Un accidente de tráfico entre un camión y una furgoneta ha dejado un herido en San Cristovo de Cea

O presidente provincial valora este encontro dentro da estratexia de mandato: “Ourense non é so unha circunscrición electoral. Ourense tamén ten obxectivos claros, unha visión integral de territorio que a Deputación está chamada a defender porque así é o papel dos gobernos provinciais que lexitima a Constitución Española”. E destaca que este pleno é unha oportunidade para “intercambiar experiencias de xestión e a aposta pola transparencia -esta institución é líder en España-, todo integrado no ADN de axuda, de colaboración económica, técnica e xurídica cos concellos, que son 8.131 en España”.

A FEMP, lembra Manuel Baltar, “é o órgano máximo de dirección do municipalismo, no que dende hai dous mandatos formo parte da súa xunta de goberno. Somos 25 representantes de case 8.200 gobernos locais que existen en España. E aí está Ourense, e Ourense está para defender a boa xestión, o rigor, a débeda cero e a previsibilidade”. O presidente provincial resalta a importancia destas xornadas: “Serán sumamente interesantes, dentro deste clima de franca colaboración que temos os presidentes provinciais e unha nova oportunidade para situar a xestión da Deputación de Ourense como referente a nivel nacional”.

Leer más:   A Deputación afianza a súa colaboración con Vilar de Santos co apoio a proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

Na convocatoria ordinaria de mañá que se celebrará no convento de San Marcos, a comisión analizará as convocatorias amparadas polo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de la Economía Española; así como temas como as infraestruturas provinciais de mobilidade ou a reforma laboral. O pleno tamén abordará os traballos preparatorios para a Conferencia de Presidentes de Gobiernos Provinciales. “Unha xuntanza na que tamén a Deputación tivo moito que ver, pois nós convocamos a primeira conferencia deste tipo e agora xa está integrada na axenda política dos gobernos provinciais”, conclúe Manuel Baltar.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación recibe o estudo da captación termal do Pazo Provincial
Artículo siguienteLa comisión de diputaciones de la FEMP reivindica al municipalismo como un gestor clave de los fondos europeos para la vertebración de España
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.