Inicio Destacado A Deputación ultima a súa nova sede en Valdeorras: “Será un importante...

A Deputación ultima a súa nova sede en Valdeorras: “Será un importante apoio para avanzar no dinamismo dunha comarca fundamental para Ourense”

Pechada a compra do edificio que acollerá esta delegación en A Rúa, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde, Álvaro Fernández, para estudar os planos do proxecto previo dunhas oficinas que permitirán “gañar todavía máis proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa”

O presidente da Deputación destaca a importancia desta nova sede, unha medida incluída no Plan de Mandato 2019-2023: “Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa política planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense”

Ourense, 13 de agosto de 2022.- A Deputación está ultimando a súa nova sede en Valdeorras, despois de pechar a comprar dun céntrico inmoble en A Rúa, situado na intersección entre as rúas Progreso -no número 45- e Benito Fernández. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste concello, Álvaro Fernández, para estudar os planos dun proxecto que suporá “seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa”.

Leer más:   Carnaval de Ourense 2023: 23 comparsas ya se han apuntado al desfile

Manuel Baltar resalta a importancia de abrir esta sede en Valdeorras: “Será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos concellos de toda a comarca, así como un poderoso xeito de reforzar a alianza da Deputación cos colectivos sociais, empresariais e culturais”. Destaca tamén o “pulo que recibirán todos os procedementos administrativos da administración provincial, que será todavía máis áxil nas súas xestións recortando trámites e tempos, algo completamente fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade cos axentes públicos e privados”.

Pechada a compra do inmoble, de dúas plantas e soto, os técnicos da Deputación xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede. Os técnicos sinalan que a “ubicación, accesibilidade e entorno deste edificio son os axeitados para o seu uso administrativo”, cun deseño que dispon no interior varios espazos de traballo na planta baixa e nas outras dúas plantas, deixando para o soto unha zona de arquivo. “Un patio interior e o núcleo de servizos contecta todas as alturas favoreciendo a creación dun entorno laboral dinámico e innovador”, conclúen.

Leer más:   O II Torneo Internacional Feminino Cidade de Ourense reúne co apoio da Deputación a destacadas tenistas da clasificación mundial

Unha vez aberta, esta delegación permitirá reforzar os servizos da administración provincial en Valdeorras e, á vez, será un axente dinamizador para toda a comarca. “Valdeorras é un motor fundamental do noso territorio, un pivote básico da nosa economía. Neste contexto, e ante un futuro cheo de oportunidades, esta sede da Deputación será un importante apoio para avanzar no dinamismo deste territorio”, incide Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial lembra que activar esta delegación, a primeira da Deputación de Ourense, é unha das medidas contempladas no Plan de Mandato 2019-2023: “Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa política planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense”. Manuel Baltar reivindica que “somos un goberno cunha visión integral da provincia, un eixo de traballo fundamental apoiado en accións ben deseñadas. Agora, a apertura da sede en Valdeorras é unha nova mostra deste xeito de entender e executar as políticas públicas”.

Leer más:   A Deputación acondicionará os accesos a tres núcleos de poboación e renovará as beirarrúas da estrada provincial que atravesa Gomesende

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos cinco fuegos sin extinguir en Galicia siguen sin variaciones, con el de Laza aún activo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 14 de agosto de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.